Solapas principales

Ana Freire Mato, gañadora da campaña “Ilumina o teu sorriso”, que tiña como obxectivo a promoción do comercio de Ames

Lunes, 20 de enero de 2020

Ana Freire Mato, natural de Brión, é a gañadora da campaña “Ilumina o teu sorriso”, organizada as asociacións de comerciantes e empresarios en colaboración co Concello de Ames. Este concurso de fotografía tiña por obxectivo a promoción do comercio local, a través da realización de catro fotografías en diferentes lugares de Bertamiráns e Milladoiro. A gañadora recibirá como premio un teléfono móbil de última xeración.

A campaña “Ilumina o teu sorriso”, organizada polas asociacións de comerciantes e empresarios Palmira Bulebar, a Asociación de Pequenos Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración co Concello de Ames, xa ten gañadora.

Ana Freire Mato, que participaba co número 04, é a galardoada cun teléfono Galaxy Note 10 doado pola Clinica Dental LindoDente. Óscar Montes, representante da clínica, foi o encargado de premer o botón que iniciaba o sorteo electrónico do premio entre os 33 participantes. El será o encargado de outorgar o teléfono á gañadora este venres, ás 13.30 horas, na clínica dental.

Proximamente está previsto realizar unha exposición con 10 paneis con fotografías   participantes nas casas da cultura de Bertamiráns e Milladoiro, con datas aínda por confirmar.

A campaña Ilumina o teu sorriso

O obxectivo desta campaña era fomentar e dinamizar o comercio local, tratando que a veciñanza de Bertamiráns se desprazase ao Milladoiro e viceversa, fomentando as actividades de Nadal na rúa ao tempo que se mercaba nos establecementos comercias amesáns.

Para participar no concurso había que sacar unha foto en catro lugares do concello: na árbore de Nadal que se encontraba na praza do Concello, no motivo luminoso co número 2020 que estaba na praza da Maía; nas pérgolas iluminadas que estaban na praza de Manuel Murguía e na bola xigante que estaba situada na praza da Madalena do Milladoiro.

Nas fotos podían saír as persoas participantes no concurso xunto aos elementos decorativos de Nadal ou tan só os elementos decorativos. Todas as fotos enviadas foron colgadas na canle de Instagram @amesnarua co hashtag #iluminaoteusorriso19.

A concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz declarou que “dende o Concello de Ames fíxose un esforzo orzamentario de 50.000 euros na iluminación de Nadal, o que permitiu o desenvolvemento deste tipo de iniciativas que favorecen o desenvolvemento económico do empresariado amesán”.

Ilumina o teu sorriso

Multimedia

  • Ilumina o teu sorriso