Solapas principales

Apróbanse as axudas para os centros de ensino e as ANPAS municipais

Viernes, 07 de enero de 2011

[07-01-2011] O Concello de Ames apoia economicamente actuacións, investimentos e a dotación de infraestruturas das diferentes entidades educativas do concello que redunden na mellora da calidade educativa. Unha das colaboracións establecidas é a subvención para actividades e investimentos levadas a cabo por ANPAS e centros de ensino. O goberno municipal acaba de aprobar a concesión dun total de 26.790 euros entre 10 entidades educativas de Ames. Estas entidades terán de prazo ata o 21 de xaneiro para xustificar o gasto polo que recibiron a devandita subvención.

A educación é moito máis que clases, deberes e exames. Actividades como exposicións, cursos, xornadas ou actividades extraescolares que complementan o labor diario do ensino. O Concello, pola súa banda, apoia economicamente as entidades educativas que realizaran investimentos deste tipo e que teñan finalidade didáctica ou que redunden no beneficio do alumnado e das súas familias. As axudas materialízanse a través dunha convocatoria de subvención para actividades e investimentos levados a cabo por entidades educativas.

Para iso no pasado mes de setembro aprobáronse as bases dunha convocatoria de axudas dirixida ás entidades educativas e ás ANPAS de Ames co fin de que poidan desenvolver actividades e dotarse de novos equipamentos para mellorar a calidade do ensino. Esta liña de axudas está destinada a promover actividades e apoiar a dotación de infraestrutura ou equipamentos destas entidades do Concello. A esta convocatoria puideron concorrer as asociacións de nais e pais, así como os centros de ensino.

Despois de que rematase o prazo para presentar as solicitudes a comisión avaliadora revisou todas as propostas presentadas e aprobouse a concesión de 26.790 euros. Un total de 10 entidades educativas de Ames serán as beneficiarias destas axudas co fin de sufragar actividades e investimentos levadas a cabo no exercicio de 2010. Estas entidades teñen de prazo ata o 21 de xaneiro para xustificar o gasto polo que recibiron a devandita subvención.

Neste eido o Concello de Ames subvenciona actuacións de promoción educativa como exposicións, cursos, xornadas, actividades extraescolares todas elas con finalidade educativa ou que redunden en beneficio dos nenos e nenas e as súas familias. Tamén se contempla nesas axudas a dotación de equipamento e infraestrutura educativa. O Concello subvenciona ata un 80% máximo do presuposto total.

As entidades que se beneficiarán desta liña de axudas son a ANPA San Mauro do CEIP Barouta, que recibirá 1.206,58 euros para organizar a festa de fin de curso, dotarse de nova indumentaria deportiva e incrementar os recursos informáticos; a Escola Infantil Milladoiro dispón de 1.258,97 euros para material, fondos bibliográficos e realizar unha excursión a Ventín; o CEIP Barouta recibe 4.837,90 euros co fin de sufragar diferentes actividades extraescolares e realizar unha excursión durante o curso; o IES de Ames recibe 2.000 euros para instalar tres proxectores de vídeo, pantallas e altofalantes.

Por outra banda a ANPA Millapeques recibirá 4.954,48 euros para poder desenvolver diferentes actividades deportivas (clases de judo, ximnasia rítmica e natación), culturais (teatro, música e movemento), e outro tipo de actividades como a campaña de lectura de Nadal; a ANPA Agro do Muíño recibe 3.480 euros para sufragar a campaña de Nadal e as actividades estraescolares, entre outras actividades; a ANPA As Brañas do CEIP de Ventín leva 4.604,75 euros para a celebración de diferentes eventos (Magosto, Entroido, Día das Letras Galegas e Os Mallos), realizar unha excursión a Cantabria e celebrar o remate do curso.

Outras tres asociacións de nais e pais que recibirán estas axudas son a ANPA IES de Ames que dispón de 899,85 euros para clases de karate, celebración do Entroido, organizar a excusión á neve, libros e gastos bibliotecarios, premio certame literario, entre outras actividades; a Asociación de Nais e Pais de alumnos da gardería pública do Milladoiro recibe 547,84 euros para realizar unha excursión ao acuario da Coruña; e a ANPA Val da Maía do CEIP A Maía, que dispón de 3.000 euros co fin de sufragar a adquisición de material didáctico, mobiliario e acondicionar o local onde se almacena o material.

A nova noutros medios dixitais:

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Los colegios y los colectivos de padres de Ames reciben 27.000 euros por trabajos del 2010"