Solapas principales

Apróbase a adxudicación das obras de mellora do acceso a Tarrío, en Bugallido, por 62.000 euros

Sábado, 19 de noviembre de 2022

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres, 18 de  novembro, a adxudicación das obras de mellora da pavimentación do viario de acceso a Tarrío, na parroquia de Bugallido. As obras foron adxudicadas á empresa Vías e Servizos Compostela SL por un importe de 62.682,31 euros (IVE incluído). Dita actuación contempla a mellora da capa de rodaxe de máis dun quilómetro de viario repartido en dous treitos. O proxecto forma parte do Plan Ames Progresa 2021-2023 e súmase a obras similares recentemente adxudicadas noutras parroquias do rural.

O núcleo de Tarrío, na parroquia de Bugallido, súmase ás recentes melloras nas infraestruturas do rural aprobadas polo Concello de Ames, e contará cunhas vías de acceso renovadas e acondicionadas. A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación deste proxecto este venres, 18 de novembro, á empresa Vías e Servizos Compostela SL, por un importe de 62.682,31 euros (IVE incluído).

A actuación inclúe melloras ao longo de máis dun quilómetro de viario, repartidas en dous treitos de 350 e 710 metros, con anchuras de 4,30 e 5 metros, respectivamente. Nestes dous tramos de aglomerado repararanse as fochancas con grava e tratamento asfáltico, para despois aplicar unha nova capa de asfalto en quente. Ademais, ao longo destes 1.060 metros limparanse as marxes do viario.

Como detalle, no treito de 710 metros, que discorre entre beirarrúas, levarase a cabo un fresado en varias zonas puntuais, co fin de respectar a rasante actual de accesos e bordos. As actuacións pecharanse finalmente coa sinalización horizontal e vertical da vía.

A adxudicación desta obra acompaña a outras melloras recentes en infraestruturas similares no rural, como as obras de mellora da pavimentación do viario das Punxeiras, en Ortoño, adxudicadas por 169.279 euros; as obras de mellora dos interiores do Instrumento e o seu acceso dende Lapido, adxudicadas por por 192.995 euros; as obras de mellora da seguridade viaria no rural amesán adxudicadas por 118.222,52 euros; e mailas obras  de mellora do acceso ao núcleo de Trasmonte, que se adxudicaron por 152.339 euros.

O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, destacou “a aposta que este Goberno fai polo rural amesán, no que se está traballando e mellorando en moitos núcleos, ademais doutros investimentos importantes como o alumeado led ou a mellora dos servizos. A través de ditas melloras tratamos de que os nosos núcleos sexan lugares atractivos para vivir. Ademais, avanzamos co Plan Ames Progresa, co que seguimos coas actuacións nas vías e infraestruturas do rural”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Adxudicada a renovación e limpeza dun quilómetro de estradas para Tarrío"

Apróbase a adxudicación das obras de mellora do acceso a Tarrío, en Bugallido, por 62.000 euros

Multimedia

  • Apróbase a adxudicación das obras de mellora do acceso a Tarrío, en Bugallido, por 62.000 euros
  • Apróbase a adxudicación das obras de mellora do acceso a Tarrío, en Bugallido, por 62.000 euros
  • Apróbase a adxudicación das obras de mellora do acceso a Tarrío, en Bugallido, por 62.000 euros
  • Apróbase a adxudicación das obras de mellora do acceso a Tarrío, en Bugallido, por 62.000 euros
  • Apróbase a adxudicación das obras de mellora do acceso a Tarrío, en Bugallido, por 62.000 euros