Viernes, 03 de abril de 2020
- Tematica
O Concello de Ames vén de aprobar, a través de decreto de Alcaldía, a concesión de 8 novas axudas a familias numerosas, que estaban pendentes de resolver por falta de documentación. Ademais, a axuda dunha unidade familiar foi denegada e outras catro axudas foron desistidas por achegar documentación diferentes da que se lle solicitou a estas unidades familiares. Estas axudas súmanse ás aprobadas o posado 26 de decembro de 2019 para 57 familias por valor de 68.400 euros.
A pesar de que estamos en estado de alarma e iso conleva unha suspensión dos prazos administrativos, tanto para os cidadáns coma para as Administracións locais, o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, na Disposición adicional terceira (apartado cuarto do citado Real Decreto), permite que se impulsen procedementos administrativos cando estean relacionados con colectivos especialmente vulnerables desde a perspectiva social e económica.
Atendendo a esta premisa, dende a Concellaría de Benestar Social resolveron, a través de decreto de Alcaldía (xa que durante o estado de alarma abocáronse a totalidade das competencias delegadas pola Alcaldía na Xunta de Goberno), unha nova remesa de axudas para as familias numerosas do concello de Ames.
Así, aprobouse a concesión de 9.600 euros entre 8 familias. As axudas consisten nun pagamento único de 1.200 euros por unidade de convivencia. Ademais, a axuda dunha unidade familiar foi denegada e outras catro axudas foron desistidas por achegar documentación diferentes da que se lle solicitou ás unidades familiares. Estas axudas súmanse ás aprobadas o posado 26 de decembro de 2019 para 57 familias por valor de 68.400 euros.
O prazo para interposición de recursos queda suspendido en aplicación da Disposición Adicional Terceira, apartado 1, do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Os prazos retomaranse no momento en que perda a vixencia o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo ou, no seu caso prorroga do mesmo.