Solapas principales

Apróbase a licitación das melloras nos interiores de Pedras, na parroquia de Ames, por 77.000 euros

Sábado, 10 de septiembre de 2022

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de licitación do acondicionamento das vías interiores do núcleo de Pedras, na parroquia de Ames. As obras, que inclúen tres treitos dun total de 675 metros de lonxitude, contan cun orzamento base de 76.887,08 euros, incluídos no POS+ 2021 da Deputación da Coruña. O proxecto mellorará a funcionalidade e a seguridade do viario, e engadirá unha senda peonil de 200 metros na zona oeste do núcleo.

O núcleo de Pedras, situado na parroquia de Ames, súmase ás recentes melloras aprobadas noutros lugares e aldeas do rural amesán. A Xunta de Goberno Local do pasado venres 26 de agosto aprobou a licitación dun proxecto que conta cun orzamento base de 76.887,08 euros, incluídos no plan POS+2021 da Deputación, e que inclúe o acondicionamento de tres treitos de vías interiores, que suman un total de 675 metros.

Na totalidade do ámbito de actuación procederase á mellora da pavimentación, cunha nova capa de asfalto e coa reparación de fochancas con grava e tratamento asfáltico. Deste xeito, a meirande parte do renovado viario terá unha anchura de 3 metros, con tramos máis reducidos de maiores dimensións, na zona sur e na oeste, onde o ancho aumentará aos 4,7 metros e aos 3,5 metros, respectivamente.

Ademais, esta zona oeste construirase unha senda peonil de 200 metros de lonxitude e 2 metros de anchura media, acompañados dunha gabia transitable de 180 metros, que se executarán con saburra e pavimento de formigón. A drenaxe da plataforma de formigón levarase a cabo coa canalización e instalación de arquetas con sumidoiros e colectores con reixa.

Por último, procederase á correspondente sinalización horizontal e vertical, á limpeza das gabias existentes, co fin de garantir a correcta drenaxe do viario, e á reposición de catro postes de formigón con luminaria.

O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, sinalou que esta obra “é un novo exemplo das melloras que vimos realizando nos accesos e os interiores dos núcleos do rural, onde seguimos traballando e mantendo un bo ritmo de actuacións”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Aproban a renovación das vías interiores en Pedras"

La Voz de Galicia: "Ames licita obras en la red viaria de Eirapedriña y Pedras por 240.000 euros"

Apróbase a licitación das melloras nos interiores de Pedras, na parroquia de Ames, por 77.000 euros

Multimedia

  • Apróbase a licitación das melloras nos interiores de Pedras, na parroquia de Ames, por 77.000 euros
  • Apróbase a licitación das melloras nos interiores de Pedras, na parroquia de Ames, por 77.000 euros
  • Apróbase a licitación das melloras nos interiores de Pedras, na parroquia de Ames, por 77.000 euros