Solapas principales

Apróbase a licitación das obras de pavimentación da avenida Muíño Vello do Milladoiro por 109.224 euros

Jueves, 16 de marzo de 2023

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 2 de marzo o expediente de licitación das obras de pavimentación da avenida Muíño Vello, situada no Milladoiro. O proxecto conta cun orzamento base de licitación de 109.224 euros (IVE incluído) e forma parte do POS+ 2022 da Deputación da Coruña. A través de ditas obras mellorarase a capa de rodaxe nunha superficie de 6.650 metros cadrados na avenida Muíño Vello.

A avenida Muíño Vello, que é un das principais rúas do Milladoiro, contará cun renovado pavimento. A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de licitación deste proxecto que conta cun orzamento base de licitación de 109.224 euros (IVE incluído). Este proxecto está incluído no POS+ 2022 da Deputación da Coruña.   

As actuacións contempladas no proxecto teñen por obxecto a mellora da capa de rodaxe dunha superficie de 6.650 metros cadrados na avenida Muíño Vello, no núcleo urbano do Milladoiro. Con este fin proxéctase a execución dunha capa de 5 centímetros de mestura bituminosa en quente en toda a plataforma, previo fresados puntuais nas zonas de entronques con outros viarios e nas entradas a garaxes. A actuación complétase coa reposición completa da sinalización horizontal da vía e das bandas transversais de alerta.

Esta obra súmase a outro proxecto que tamén se vai executar no Milladoiro e que está en fase de licitación. Trátase das obras de pavimentación da rúa Agro do Medio, a rúa do Rego e a rúa de Abaixo, que teñen un importe de licitación de 201.411,51 euros. Este proxecto tamén forma parte do POS+ 2022 e contempla a mellora da capa de rodaxe das tres rúas.

O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, destaca que “a través desta obra vaise a mellorar o pavimento dunha das principais vías do Milladoiro que dá acceso á zona norte desta localidade e por conseguinte ao parque empresarial Novo Milladoiro. Deste xeito, seguimos avanzando co plan POS+ 2022, que combina actuacións no rural e nos núcleos urbanos do concello”.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "Licitada a pavimentación da avenida Muíño Vello"

Enfoques: "Un nuevo pavimento para la Avenida Muíño Vello, en O Milladoiro"

Plano das obras de pavimentación da avenida Muíño Vello

Multimedia

  • Plano das obras de pavimentación da avenida Muíño Vello
  • Plano das obras de pavimentación da avenida Muíño Vello
  • Plano das obras de pavimentación da avenida Muíño Vello