Solapas principales

Apróbase a licitación do servizo de desbroce, limpeza e mantemento dos núcleos rurais de Ames

Sábado, 17 de abril de 2021

O Concello de Ames vén de aprobar en Xunta de Goberno Local o pasado 8 de abril o expediente de licitación do servizo de  desbroce, limpeza e mantemento dos núcleos rurais do municipio. O orzamento base de licitación ascende a 290.861,08 euros, que estará dividido en tres anualidade. O contrato terá unha duración inicial de dous anos (sen prórrogas). A través deste servizo, que se enmarca dentro do PLAMRURAL AMES, preténdese realizar os traballos de limpeza, mantemento e conservación dos accesos e interiores dos núcleos rurais. Tamén se realizarán tarefas de mantemento dos contornos de lavadoiros, igrexas, locais sociais, muíños, beirarrúas e canalizacións de pluviais de titularidade municipal. Actuarase nas 11 parroquias do concello de Ames e nun total de 107 núcleos rurais.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de licitación do servizo de desbroce, limpeza e mantemento dos núcleos rurais amesáns. O obxectivo é dispor dun servizo específico para realizar traballos de mantemento e conservación dos accesos e interiores dos núcleos rurais, incluíndo tamén as zonas próximas aos lavadoiros, igrexas, locais sociais, muíños, beirarrúas, canalizacións de pluviais, etc., que sexan de titularidade municipal.

O Concello de Ames ten o deber de executar as correspondentes operacións de conservación e mantemento dos viarios de acceso e interiores dos núcleos rurais co obxectivo de preservar o estado de ditas vías. Deste xeito, a través de dito servizo preténdese facer os traballos de desbroce nas marxes dos camiños de acceso aos núcleos de poboación, así como nos seus interiores.

O orzamento base de licitación ascende a 290.861,08 euros, que estará dividido en tres anualidade. Durante a o ano 2021 (de xullo a decembro) está previsto un gasto de 72.715,28 euros. Para 2022 o gasto do contrato ascende a 145.430,54 euros, mentres que para 2023 (de xaneiro a xuño) recóllese un gasto de 72.715,28 euros. O contrato terá unha duración inicial de dous anos (sen prórrogas).

A empresa adxudicataria do servizo terá que presentarlle ao Concello de Ames unha planificación da totalidade dos traballos a desenvolver. Dita planificación será completa e estará libre de incompatibilidades internas e externas. O Concello de Ames poderá introducir modificacións en dito plan, con relación ao alcance, secuencia e ordenación de operacións que permitan mellorar a calidade dos traballos conseguidos sempre e cando, non excedan do alcance orzamentario previsto para a execución do traballo.

Equipo mínimo de tres persoas
Deberase contar cun equipo mínimo de tres persoas traballando simultaneamente, debendo prevalecer a paridade entre o equipo de traballo. Estes traballos inicialmente serán realizados en xornada partida de mañá e tarde, aínda que se poida estudar a posibilidade de realizalos en xornada continua, pero cumprindo o horario de 8 horas diarias (40 horas semanais).

Actuarase nas 11 parroquias do concello de Ames e nun total de 107 núcleos rurais. Os traballos de limpeza e mantemento dos accesos e interiores dos núcleos rurais executaranse en Agrón (14 núcleos); na Ameixenda (8 núcleos); Ames (18 núcleos); Biduído (13 núcleos); Bugallido (11 núcleos); Covas (8 núcleos); Lens (2 núcleos); Ortoño (15 núcleos); Piñeiro (6 núcleos); Tapia (3 núcleos); e Trasmonte (9 núcleos).

O alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “este é un avance máis deste Goberno municipal pola aposta do rural amesán, e en concreto, unha aposta seria e firme pola conservación dos nosos núcleos rurais”. Blas García destaca tamén que a licitación deste contrato únese á recente aprobación do expediente de contratación do servizo de limpeza viaria e xestión dos puntos limpos do concello de Ames que se aprobou no pleno ordinario do pasado mes de marzo.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Garantizan accesos sin maleza a cien aldeas durante tres años"

Compostela 24 Horas: "Apróbase a licitación do servizo de desbroce, limpeza e mantemento dos núcleos rurais de Ames"

La Voz de Galicia: "Los 107 núcleos rurales de Ames tendrán su brigada de limpieza"

Imaxe de Trasmonte