- Tematica
A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 11 de xuño o expediente de licitación do proxecto que recolle as obras de construción dunha senda peonil entre Sisalde e Agro do Muíño, na parroquia de Ortoño. Este proxecto, que está incluído no POS complementario 2019, conta cun orzamento base de licitación de 134.596,95 euros. A través de dita actuación preténdese a construción dunha senda peonil para mellorar a seguridade viaria nun tramo de 750 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho. Trátase dunha zona que se usa moito para andar e facer deporte, polo que se pretende mellorar a seguridade nesta estrada.
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado, tramitación ordinaria, e un único criterio de adxudicación (factor prezo), da licitación das obras para a construción dunha senda peonil entre Sisalde e Agro do Muíño, unha actuación incluída no POS Complementario 1/2019. Este proxecto conta cun orzamento base de licitación de 111.237,15 euros, máis 23.359,80 euros de IVE, o que fai un total de 134.596,95 euros.
O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “dentro do POS complementario de 2019 hai varias obras de mellora de viarios en Raíces, Tarrío, Ventosa e Sura, pero tamén hai dous proxectos para habilitar dúas sendas peonís; unha de Outeiro a Costoia e outra de Sisalde a Agro do Muíño. A través de ditas actuacións preténdese mellorar os camiños, pero tamén facilitar a mobilidade peonil da veciñanza do rural construíndo novas sendas”.
A través de dita actuación preténdese a construción dunha senda peonil para mellorar a seguridade viaria nun tramo de 750 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho. Para elo utilizaranse quince centímetros de zahorra de canteira e quince de formigón, incluso mallazo e xuntas de dilatación, previa execución de movemento de terras preciso.
Antes da execución do pavimento contémplase a canalización de tubería de PVC de 315 milímetros de diámetro e maila execución de 26 pozos con sumidoiro para a correcta recollida de augas pluviais e a canalización dun tubo de polipropileno verde para iluminación pública, todo elo previa escavación de zanxa e posterior recheo compactado da mesma.
Ademais, inicialmente preténdese a construción dun muro de bloques de granito de 120 metros de lonxitude e 1,50 metros de alto, para a contención de terras, coa correspondente varanda metálica de protección. Esta obra tamén contempla a colocación de 220 metros de bordo exterior de formigón prefabricado, en protección de taludes.