Solapas principales

Ariana Collazo do club Ames Atletismo logra a medalla de bronce en lanzamento de disco no campionato galego sub10, sub12 e sub14

Jueves, 09 de junio de 2022

Este pasado domingo, 5 de xuño, disputouse nas pistas do estadio Gregorio Pérez Rivera, en Lugo, o campionato galego ao aire libre de atletismo para as categorías sub 10, sub 12 e sub 14. O club Ames Atletismo acudiu cun total de 9 atletas logrando representación nas tres categorías. En canto aos resultados obtidos cómpre destacar a medalla de bronce de Ariana Collazo en lanzamento de disco logrando a sua mellor marca persoal. Ademais, dende o club Ames Atletismo lembran que está aberto o prazo de inscrición para o campus de verán, que organizan en xuño e setembro e  que se desenvolverá na area deportiva de Bertamiráns.

O club Ames Atletismo participou o pasado domingo, 5 de xuño, con 9 atletas no campionato galego ao aire libre de atletismo para as categorías sub 10, sub 12 e sub 14, logrando representación nas tres categorías. En canto aos resultados, hai que destacar a medalla de bronce de Ariana Collazo, en lanzamento de disco, logrando a súa mellor marca persoal. Completou a súa actuación cun fantástico sexto posto en lanzamento de xavelina.

Cómpre resaltar tamén o cuarto posto do equipo sub 10 masculino de relevos 4X50, composto por Lois García, Carlos Nieto, Iván Suarez e David Iglesias, que chegaron a dito campionato coa décimo primeira mellor marca e lograron gañar a sua serie, facer marca persoal e quedar moi preto do podio.

Campamento de atletismo
Por outra banda, dende o club Ames Atletismo lembran que está aberto o prazo de inscrición para a primeira edición do campus de verán que organizan en dúas quendas: do 23 de xuño ao 1 de xullo e do 1 ao 8 de setembro, e que se desenvolverá na area deportiva de Bertamiráns.

Deste xeito, o campus do club Ames Atletismo ocupará en dúas quendas a área deportiva de Bertamiráns. A primeira será o 23, 24, 27, 28, 29, 30 de xuño e 1 de xullo, mentres que a segunda será en setembro, os días 1, 2, 3, 5, 6 e 7, sempre en horario de 9:00 a 14:00 horas. Será unha forma lúdica de achegarse á práctica do atletismo que se completará con xogos por equipos e individuais e no que tamén se poderá gozar de actividades na piscina.

Para máis información e facer as inscricións, pódese escribir ao enderezo amesatletismo@gmail.com. Outra opción é acceder á páxina web do club Ames Atletismo.

Ariana Collazo logrou a medalla de bronce en disco

Multimedia

  • Imaxe do equipo sub10 masculino de relevos 4X50 composto por Lois García, Carlos Nieto, Iván Suarez e David Iglesias
  • Cartaz do campus de verán que organiza o club Ames Atletismo