Solapas principales

Aroha Traba, do club de patinaxe artística Omega, consegue a medalla de prata no Campionato Galego

Viernes, 27 de septiembre de 2024

A pasada fin de semana, os días 21 e 22 de setembro, celebrouse en Ribeira o Campionato Galego de Patinaxe Benjamín a Infantil. Neste evento, a patinadora Aroha Traba Castiñeiras, do CPA Omega e orixinaria de Ames, proclamouse subcampioa galega na categoría Alevín feminino. Este logro permitiralle participar no Campionato de España que se celebrará en outubro en Pamplona.

A pasada fin de semana, a patinadora do club amesán CPA Omega, Aroha Traba, gañou a medalla de prata no Campionato Galego de Patinaxe Benjamín a Infantil. Este resultado permítelle representar a Galicia no Campionato de España que se celebrará do 23 ao 26 de outubro en Pamplona.

No seu segundo ano de competición, Aroha xa destacou ao converterse en campioa provincial da Coruña 2024 na mesma categoría, un título que tamén logrou o ano pasado, xunto co campionato galego na categoría Benxamín.

Desde o club a súa adestradora, Anahí Sotelo, sinala que este titulo foi toda unha sorpresa porque “Aroha é unha patinadora nova, da categoría alevín de 1º ano, polo que ten dez anos, e aínda non ten moitas horas de competición detrás. Ademais competía con patinadoras un ano maiores que ela”. Porén destaca que é un premio moi merecido pois “é unha deportista moi traballadora, sempre constante e regular nos adestramentos”.

O CPA Omega acudiu a esta cita con outras dúas patinadoras de distintas categorías: Claudia Veiga, que quedou sexta na categoría alevín feminino; e Adela Tarrío, que obtivo o quinto posto na categoría benxamín feminino.

Aroha Traba, do club de patinaxe Omega, consegue a medalla de prata no Campionato Galego

Multimedia

  • Aroha Traba, do club de patinaxe Omega, consegue a medalla de prata no Campionato Galego
  • Aroha Traba, do club de patinaxe Omega, consegue a medalla de prata no Campionato Galego