Solapas principales

Arredor de 200 persoas participaron nas actividades da IV Semana Europea da Mobilidade de Ames

Jueves, 22 de septiembre de 2022

Hoxe, 22 de setembro, ponse fin á conmemoración da IV Semana Europea da Mobilidade en Ames. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, organizou dende o pasado 16 de setembro unha serie de actividades a prol da mobilidade activa, do transporte público e doutros medios limpos e intelixentes. Deste xeito, o programa incluíu andainas, xogos, coloquios, mostras e marchas ciclistas ao longo da semana. A temática escollida pola Comisión Europea para este ano foi “Mellores conexións”, coa que se pretendeu difundir os beneficios de uso das formas de transporte sostibles.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, organizou unha programación específica para conmemorar a IV Semana Europea da Mobilidade. A SEM é unha iniciativa anual da Comisión Europea, que naceu no ano 2002, para a mobilidade urbana sostible, para instar ás cidades e pobos europeos a adicar unha semana, do 16 ao 22 de setembro, á mobilidade sostible. Todos os anos, ten un lema específico. En 2022 o lema foi “Mellores conexións”, coa que se pretendeu difundir os beneficios de uso das formas de transporte sostibles.

Este ano a programación, que tivo moi boa acollida entre a veciñanza de Ames, comezou o venres, 16 de setembro, cunha marcha ciclista nocturna que partiu ás 22:00 horas da praza do Concello, en Bertamiráns. Nesta actividade participaron arredor de 100 persoas. Ao igual que en edicións anteriores, realizouse un percorrido sinxelo e que estaba ben iluminado, duns oito quilómetros, pensado para que toda a familia puidera facelo xunta.

O programa continuou o sábado, 17 de setembro, cunha serie de xogos e actividades dirixidos á rapazada dos 4 aos 12 anos. Dende as 17:00 horas o aparcadoiro da travesía do Porto, no Milladoiro, acolleu de xeito simultáneo xogos populares en bicicleta e a proposta “Coñecendo a Unión Europea”, incluída dentro das accións de comunicación realizadas ao abeiro do proxecto dos carreiros escolares de Bertamiráns e do Milladoiro, que forma parte do Plan Impulsa Ames – EDUSI. Nestas actividades participaron arredor de 40 rapaces e rapazas xunto as súas familias.

Xogos para coñecer a Unión Europea
Realizáronse tres xogos infantís para coñecer a Unión Europea: fai parellas coas bandeiras dos países da Unión Europea (os nenos e nenas puideron pintar as bandeiras e tiveron que emparellalas); constrúe a Unión Europea (os rapaces e rapazas tiveron que montar un puzzle do mapa da UE onde cada pais estaba nunha cor diferente e co nome do pais e da súa capital); e comecocos origami (os nenos e nenas montaron os comecocos e cada comecocos tiña preguntas e reflexións sobre a Unión Europea). O obxectivo foi ofrecerlles aos rapaces e rapazas alternativas didácticas divertidas para que combinaran co exercicio físico que se propuxo a través dos xogos populares en bicicleta.

Andaina pola senda verde
As actividades remataron o domingo, 18 de setembro, cunha andaina pola senda verde. Os 65 participantes percorreron 12 quilómetros de dificultade baixa. Esta senda enlaza O Milladoiro con Bertamiráns, a través de vellos camiños e novas pistas forestais que percorren zonas cun interesante valor patrimonial e paisaxístico. O seu trazado é lineal e permite incorporarse á ruta ou abandonala en varios lugares ao longo do seu itinerario, grazas á extensa rede de camiños e pistas existentes no rural amesán.

Ademais, a empresa WECO mobility realizou na praza do Concello, en Bertamiráns, e no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, unha mostra de medios de transporte sostibles (bicicletas, patíns e motos eléctricas). Dita mostra realizouse en colaboración co Concello de Ames que se lle cedeu o espazo onde montar dita exposición.

A concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, agradeceu o traballo e colaboración doutras áreas que colaboraron nas actividades de SEM como as Concellaría de Promoción da Saúde e de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente. Tamén agradeceu o traballo dos/as voluntarios/as da Agrupación de Protección Civil e dos/as axentes da Policía Local.

Beatriz Martínez destacou que “un ano máis a veciñanza de Ames se implicou e participou nas actividades propostas durante a Semana Europea da Mobilidade. A través de ditas actividades trátase de fomentar o cambio de comportamentos cara á mobilidade activa e concienciar sobre as consecuencias negativas do uso excesivo do vehículo privado. En Ames imos dando pasos neste senso, co calmado do tráfico, a redacción do Plan de Mobilidade Urbana Sostible, a instalación de pasos-minutos coa campaña Camiños da Saúde, o proxecto dos carreiros escolares da EDUSI Impulsa Ames e outras actuacións incluídas no PMUS”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "La Semana Europea de la Movilidad de Ames atrajo a unas 200 personas"

Arredor de 200 persoas participaron nas actividades da IV Semana Europea da Mobilidade de Ames

Multimedia

  • Arredor de 200 persoas participaron nas actividades da IV Semana Europea da Mobilidade de Ames