Solapas principales

Arredor de 30 persoas participaron na actividade “Móllate polos ríos” promovida por ADEGA en toda Galicia

Lunes, 25 de septiembre de 2023

O Concello de Ames participou este domingo pasado, 24 de setembro, na actividade “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), esta actividade consistiu na limpeza simultánea de lixo en distintos ríos e regatos de Galicia. As 30 persoas voluntarias que participaron en Ames percorreron dous quilómetros de diferentes tramos de ríos e regatos que pasan polo concello amesán. Deste xeito, limparon 500 metros de cada un destes ríos e regatos: Ameneiral, Rego dos Pasos, Tambre e Rego do Andoriña. O rango de idade das persoas participantes foi diversos, incluíndo voluntarios/as dos 2 ao 60 anos. A limpeza realizouse durante dúas horas e destacou a significativa participación de adolescentes e rapaces e rapazas. En xeral, todas as persoas que participaron na actividades mostraron un grande interese na limpeza dos ríos e coidado do medio natural.

A veciñanza de Ames botouse aos ríos este domingo, 24 de setembro, para participar na actividade “Móllate polos ríos” coa intención de recoller o lixo encontrado. A asociación ADEGA, a través do programa “Proxecto Ríos”, vén organizando dende o ano 2008, esta xornada de limpeza simultánea de ríos e regatos en toda Galicia. Trátase dun programa de educación e voluntariado ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.

Este ano quixeron colaborar na iniciativa 30 persoas cun rango de idade moi diversos. Deste xeito, participaron persoas dende os 2 ata os 60 anos. O concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo, explica que debido a que “a auga é o ben máis prezado que temos, estas limpezas son de máxima importancia e é vital implicar aos máis novos para inculcar esta cultura de conservación do medio”. Ademais, destacou “a participación de moitos mozos e mozas o que indica que a xuventude está concienciada sobre a importancia de coidar o noso medio natural”.

Unha vez realizada a presentación da actividade e, tras dar as instrucións oportunas sobre como se debe desenvolver a limpeza, fixéronse diversos grupos. Este ano realizouse a limpeza en catro tramos de 500 metros cada un do rego do Ameneiral, do rego dos Pasos, rego do Andoriña e do río Tambre. En total, limpáronse dous quilómetros de canles de ríos que discorren por Ames.

Lixo recollido nos ríos e regatos de Ames
No rego do Ameneiral recolléronse principalmente residuos urbanos: latas de bebidas, botellas de vidro, bolsas de snacks, cintas de sinalización e bolsas. Hai que destacar que neste tramo do regato sacouse da auga un motor e unha mesa de planchar. No rego dos Pasos destaca a recollida de moitos plásticos, pneumáticos e dous bidóns de gasolina.

Por outra banda, no río Tambre, recolléronse plásticos agrícolas, e no rego do Anduriña, sacáronse do río plásticos, algunha botella e latas. Tamén hai que destacar a boa acollida da rapazada de Piñeiro, onde das nove persoas voluntarias que participaron, seis eran nenos e nenas.

A limpeza realizouse durante dúas horas e destacou a significativa participación de adolescentes e rapaces e rapazas. En xeral, todas as persoas que participaron na actividades mostraron un grande interese na limpeza dos ríos e coidado do medio natural.

Unha vez rematadas as labores de limpeza as/os participantes reuníronse de novo para avaliar a natureza e quilos de lixo recollidos e despois depositaron o lixo nos correspondentes contedores. Os datos acadados ao longo da xornada serán enviados a ADEGA, para a realización dun informe sobre o estado dos nosos ríos.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Once colectivos retiraron 1,5 toneladas de basura en ríos de las comarcas compostelanas con Adega"

Imaxe grupal dos participantes da actividade "Móllate polos ríos"

Multimedia

  • Arredor de 30 persoas participaron na actividade “Móllate polos ríos” promovida por ADEGA en toda Galicia
  • Arredor de 30 persoas participaron na actividade “Móllate polos ríos” promovida por ADEGA en toda Galicia
  • Arredor de 30 persoas participaron na actividade “Móllate polos ríos” promovida por ADEGA en toda Galicia
  • Arredor de 30 persoas participaron na actividade “Móllate polos ríos” promovida por ADEGA en toda Galicia
  • Arredor de 30 persoas participaron na actividade “Móllate polos ríos” promovida por ADEGA en toda Galicia
  • Arredor de 30 persoas participaron na actividade “Móllate polos ríos” promovida por ADEGA en toda Galicia