Solapas principales

Arredor de 40 mozos e mozas participaron durante o verán no programa de conciliación dirixido á mocidade con diversidade

Lunes, 19 de agosto de 2024

Por primeira vez o Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, organizou durante os meses de xullo e agosto un programa de conciliación dirixido a mozos e mozas de Ames, con diversidade funcional, de entre 13 e 25 anos. O programa estase a desenvolver de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, en Bertamiráns, e nel participaron un total de 38 rapaces e rapazas que desfrutaron de xogos, excursións, actividades musicais e de baile, obradoiros, saídas, etc.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Voluntariado, puxo en marcha un programa de conciliación dirixido á mocidade con diversidade, unha nova iniciativa de cara a facilitar a conciliación durante os meses de verán. Dirixido a mozos e mozas de Ames, con diversidade funcional, de entre 13 e 25 anos, nestes dous meses inscribíronse un total de 38 rapaces e rapazas: 24 en xullo e 14 en agosto. O programa estase a desenvolver de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, en Bertamiráns. Todas as actividades están dirixidas por monitores/as especializados.

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, Uxía García, explica este novo programa reponde “á demanda que viñan facendo dende hai anos moitas familias de Ames e de concellos da contorna. O obxectivo é que as familias poidan conciliar durante a época estival. No pasado mes de marzo creamos un club xuvenil dirixido a mozos e mozas con diversidade, e quixemos darlle continuidade con esta iniciativa para os meses de verán. Este programa súmase a outros programas de conciliación que organiza o departamento de Educación”. Así mesmo engade que “é o primeiro ano que organizamos este programa, polo que servirá para ir mellorando aspectos de cara a futuras edicións. Ademais, tamén estamos pensando en implicar a máis Concellos da contorna para que participen nesta iniciativa nos vindeiros anos”.

Ao longo destas semanas estivais, fixeron numerosos obradoiros: de cerámica, pintura, teatro, e de relaxación e meditación guiada, entre outros. Os que máis éxito teñen entre a rapazada son os de cociña, como o de elaboración de pizzas, torta da avoa ou empanadillas. Así mesmo, todos os días saen a unha cafetería, e con frecuencia van todos xuntos a facer a compra. A finalidade destas saídas e obradoiros é que aprendan a ser autosuficientes para poder ser o máis autónomos posible.

Ademais, puxeron en marcha un clube de lectura. O primeiro libro que leron foi “Charlie e a fábrica de Chocolate”, de Roald Dahl. Esta actividade axúdalles a perder a vergoña e gañan en atención comprensión lectora e memorización.

Por outra banda, tamén participaron en actividades fóra do concello para coñecer diferentes localizacións da contorna amesá. Deste xeito, fixeron excursión á praia de Tapia e a Ponte Maceira, e realizaron rutas polo monte e polos arredores do río Tambre.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Conciliación en Ames para jóvenes con diversidad funcional"

El Correo Gallego: "Autosuficiencia como meta en el concilia para 38 jóvenes de Ames con diversidad funcional"

Arredor de 40 mozos e mozas participaron durante o verán no programa de conciliación dirixido á mocidade con diversidade

Multimedia

  • Arredor de 40 mozos e mozas participaron durante o verán no programa de conciliación dirixido á mocidade con diversidade