Solapas principales

Arredor de 80 persoas participaron no Rodeiro Branco que se realizou en Bertamiráns o pasado venres 10 de xuño

Lunes, 13 de junio de 2022

Con motivo do día da Seguridade Viaria, que se conmemorou o 10 de xuño, a Concellaría de Mobilidade organizou o programa de Rodeiros Brancos, para realizar dous percorridos pola rúa nos que os/as participantes van vestidos/as de branco e cunha luz-linterna branca na cabeza, utilizando un método de mobilidade sostible. A través desta actividade reivindícase a utilización de medios de mobilidade sostible. O primeiro Rodeiro Branco realizouse o pasado venres en Bertamiráns e consistiu nunha saída nocturna en bicicleta de 8 quilómetros. Nesta actividade participaron arredor de 80 persoas. O segundo Rodeiro Branco será o venres, 17 de xuño, no Milladoiro, no que se fará un rodeiro curto de 1.730 metros en bicicleta, monopatín, patíns ou patinete. Para participar na actividade do Milladoiro hai que inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal. Os/as nenos/as deberán estar acompañados/as dunha persoa adulta.

Por segundo ano consecutivo o Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, celebrou o 10 de xuño o día da Seguridade Viaria. Nesta ocasión estase desenvolvendo a iniciativa Rodeiros Brancos, que consiste en facer un percorrido no que os/as participantes van vestidos/as de branco e cunha luz-linterna branca na cabeza, utilizando un método de mobilidade sostible. É importante salientar que aínda que as persoas participantes leven unha luz-linterna branca na cabeza, tamén deben levar casco xa que é obrigatorio.

A primeira actividade do programa realizouse o pasado venres, 10 de xuño, ás 22.00 horas, pola contorna de Bertamiráns. Consistiu nunha saída nocturna en bicicleta de 8 quilómetros. Estímase que arredor de 80 persoas participaron nesta actividade.

A saída realizouse na praza do Concello, para continuar pola rúa Alcalde Lorenzo cara a urbanización Agro do Muíño. Despois xirouse cara a esquerda pola rúa Ribeira de Maguxe, para circular pola rúa Revolteada ata a rúa Tras do Muíño. Posteriormente, circulouse pola estrada provincial DP-0205 cara Bertamiráns, xirouse á dereita cara a rúa Entrerríos ata a estrada de Lapido.

Continuouse pola avenida da Maía ata chegar ata o Camiño do Lodeiro, pasando pola rúa do Comaro, Camiño Novo, avenida de JL Azcárraga e Travesía da Peregrina, para a continuación circular pola rúa Rueiro e a Travesía do Rueiro, ata volver a avenida da Maía. O percorrido rematou circulando pola avenida da Maía e pola rúa Alcalde Lorenzo ata chegar de novo á praza do Concello.

A concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, agradeceulle “á Policía Local e aos integrantes da Agrupación de Protección Civil o seu traballo para que esta marcha ciclista se puidese realizar sen ningún tipo de incidencia. Agradecer tamén a implicación da veciñanza nesta actividade para tratar de reivindicar a utilización de medios de mobilidade sostible”. Por último, animo á veciñanza “a inscribirse no Rodeiro Branco do Milladoiro que se vai desenvolver este venres 17 e xuño”.   

Rodeiro Branco do Milladoiro
No Milladoiro, o 17 de xuño, ás 22.00 horas, farase un rodeiro curto de 1.730 metros. Este é un percorrido máis curto, pensado fundamentalmente para que participen nenas e nenos. As persoas participantes poderán acudir con algún medio de mobilidade sostible (bicicletas, monopatíns, patinetes ou patíns). Se o neno ou nena precisa acompañante poderá acompañalo andando sempre que vaia de branco e coa luz na cabeza.

A saída farase dende o aparcadoiro de Agriños e circularase polas rúas Palmeiras, Travesía do Porto, Cereixos, Agro da Madanela, Estivada de Castelao, Camelias, Cereixos, Agro da Madalena, Estivada de Castelao, Travesía da Madalena, rúa da Madalena, Travesía do Porto e remátase no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro.

Para participar na actividade do Milladoiro hai que inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo mobilidade@concellodeames.gal. Os/as nenos/as deberán estar acompañados/as dunha persoa adulta.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Primer Rodeiro Branco por la capital con 80 vecinos"

Arredor de 80 persoas participaron no Rodeiro Branco que se realizou en Bertamiráns o pasado venres 10 de xuño

Multimedia

  • Arredor de 80 persoas participaron no Rodeiro Branco que se realizou en Bertamiráns o pasado venres 10 de xuño