Solapas principales

Asínase o contrato para a redacción do proxecto de arranxo das deficiencias nas obras de Urbanización do PM5-03

Jueves, 13 de enero de 2011

[13-01-2011] O alcalde de Ames, Carlos Fernández, recibiu no despacho de Alcaldía a Candido López González, adxudicatario do contrato para a redacción do proxecto de arranxo das deficiencias nas obras de Urbanización do PM5-03.

O alcalde de Ames, Carlos Fernández, recibiu no despacho de Alcaldía a Candido López González, adxudicatario do contrato para a redacción do proxecto de arranxo das deficiencias nas obras de Urbanización do PM5-03. O prezo a aboar por este servizo ascende a 25,362,72 euros máis IVE e o prazo para a redacción deste proxecto será dun mes a partir da data de sinatura do contrato. A sinatura realízase en execución dun acordo adoptado pola Xunta de Goberno do Concello de Ames en sesión de data do 12 de xaneiro deste ano.

Preto de 30.000 euros -29.928,01 euros IVE incluído- empregaranse na redacción do Proxecto de arranxo de deficiencias nas obras de Urbanización do PM5-03, adxudicado no día de onte a Candido López González, despois de que na mesma mañá a Xunta de Goberno Local adoptara o acordo de levar a cabo este proxecto. Nos pregos de cláusulas administrativas e as condicións técnicas polas que se rexeu a licitación especifícase que O prezo a aboar polos servizo ascende a contía de 25.362,72 euros, máis o I.V.E repercutible ao 18% que ascende a contía de 4.565,29 euros.

Segundo tamén recollen os pregos , o prazo para a realización deste proxecto será de un mes a partir da sinatura do contrato o que significa que deberá estar presentado o 12 de febreiro de 2010. Os traballos obxecto do contrato quedarán suxeitos a un prazo de garantía de 1 ano, a contar desde a data de recepción.

O adxudicatario constituíu unha garantía definitiva por importe de 1.268,14 euros, mediante aval bancario do Banco Etcheverría inscrito no rexistro especial de avais co nº 8.408. As dúas partes aceptaron plenamente o prego de cláusulas administrativas e condicións técnicas que rexeron o concurso, así como a oferta presentada polo adxudicatario, e que forman parte integrante e inseparable do contrato. O órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpretar o contrato e resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento.