Solapas principales

A asociación Acougo organiza un encontro sobre a acollida familiar no Milladoiro

Miércoles, 16 de febrero de 2022

A Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) vai iniciar “Xuntanzas en familia”, unha serie de reunións entre persoas da comunidade do acollemento, co fin de compartir dúbidas, experiencias ou preocupacións. O primeiro encontro realizarase este sábado 19 de febreiro ás 17.00 horas, no antigo centro de saúde do Milladoiro. Para participar nesta xuntanza, cómpre contactar a Acougo no teléfono 622 672 188, ou ben no enderezo electrónico info@acougo.gal.

A través da Concellaría de Benestar Social, a asociación Acougo anuncia o arranque de “Xuntanzas en familia”, uns encontros entre familias acolledoras ou en proceso de idoneidade, educadores e educadoras dos centros residenciais e persoas con inquedanzas sobre a acollida. O obxectivo é resolver dúbidas e compartir preocupacións e experiencias, para así reforzar a comunidade do acollemento e fortalecer esta rede de colaboradoras e colaboradores.

En Galicia hai máis de un milleiro de menores acollidos temporalmente en centros residenciais, mentres as súas propias familias non poden facerse cargo deles. O acollemento familiar busca aportar unha solución a este problema, aportando un recurso temporal e revocable, co fin de que os e as menores poidan gozar dunha vida familiar.

Este primeiro encontro terá lugar no Milladoiro, despois de que Acougo compartira un formulario para solicitar datos ás persoas interesadas en participar nestas xuntanzas, para así poder escoller localizacións, horarios e datas que se adaptasen favorablemente á maior cantidade de xente.

Para participar nesta xuntanza, débese contactar con Acougo, a través do número de teléfono 622 672 188 ou do enderezo electrónico info@acougo.gal.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Acougo anima a acoger a los menores con familias a las que no les es posible"

Lindeiros: "Encontro sobre acollida familiar este sábado en Ames"

A asociación Acougo organiza un encontro sobre a acollida familiar no Milladoiro

Multimedia

  • A asociación Acougo organiza un encontro sobre a acollida familiar no Milladoiro