Solapas principales

A asociación Acougo organiza unha nova xuntanza para familias sobre o acollemento familiar no Milladoiro

Miércoles, 30 de noviembre de 2022

Tralo parón durante o verán, a Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) organiza este sábado, 3 de decembro, un novo encontro entre persoas da comunidade do acollemento, co fin de que poidan compartir dúbidas, experiencias ou preocupacións. Será na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 17:30 horas. Para participar na xuntanza cómpre cubrir o formulario que se pode atopar premendo nesta ligazón.

Cantas crianzas e adolescentes están no sistema de protección? Que porcentaxe están en acollemento en familia extensa e allea? Que entidades están implicadas no acollemento familiar? Para resolver esas e outras cuestións, a asociación Acougo ofrece esta fin de semana unha das súas “Xuntanzas en familia”, uns encontros entre persoas acolledoras ou en proceso de idoneidade, educadores e educadoras dos centros residenciais e calquera con inquedanzas sobre o proceso de acollida.

En Galicia hai máis dun milleiro de menores acollidos temporalmente en centros residenciais, mentres as súas propias familias non poden facerse cargo deles. O acollemento busca aportar unha solución a ese problema, aportando un recurso temporal e revocable, co fin de que os menores poidan gozar dunha vida familiar.

O obxectivo das reunións de Acougo é resolver dúbidas e compartir preocupacións e experiencias, reforzando así a comunidade de acollemento e fortalecendo a rede de colaboradores e colaboradoras. Esta nova cita terá lugar o sábado, día 3 de decembro, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 17:30 horas.

Para participar na xuntanza débese cubrir o formulario que se pode atopar nesta ligazón. Tamén se pode contactar coa asociación Acougo a través do teléfono 622 672 188, do enderezo electrónico info@acougo.gal ou da súa páxina web.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Acougo resposta dúbidas sobre a acollida de menores"

A asociación Acougo organiza unha nova xuntanza para familias sobre o acollemento familiar no Milladoiro

Multimedia

  • A asociación Acougo organiza unha nova xuntanza para familias sobre o acollemento familiar no Milladoiro