Solapas principales

A asociación cultural Os Castros organiza un xantar – foliada o 27 de maio no campo da festa de Ortoño

Viernes, 05 de mayo de 2023

Dende a asociación cultural Os Castros convídase ao alumnado, socios/as, e á veciñanza amesá en xeral que estea interesada, a participar no tradicional xantar – foliada que organizan todos os anos. Nesta ocasión será o vindeiro 27 de maio no campo da festa de Ortoño. Haberá inchables para os nenos e nenas dende as 12.00 horas e moita música. Para participar nesta xornada haberá que mercar entrada do 8 ao 19 de maio. O prezo das entradas vai dos 8 aos 35 euros dependendo de se es alumno/a, socio/a, menor ou unha persoa adulta.

A asociación cultural Os Castros volve a organizar o seu tradicional xantar – foliada. Dende a asociación convidan aos socios/as e alumnado a participar nesta xornada festiva na que poderán bailar, tocar, cantar... e sobre todo pasalo ben. Aínda que está xornada está dirixida ás persoas que pertencen a esta entidade tamén está aberta á veciñanza en xeral que queira participar.

A cita será o sábado, 27 de maio, ás 14.00 horas, no campo da festa de Ortoño. Haberá inchables para os nenos e nenas dende as 12.00 horas e moita música. Para participar nesta xornada haberá que mercar entrada do 8 ao 19 de maio. O prezo das entradas vai dos 8 aos 35 euros dependendo de se es alumno/a, socio/a, menor ou unha persoa adulta.

O prezo dos tíckets para o xantar son de 8 euros para alumnos/as e socios/as ata os 12 anos; 15 euros para alumnos/as maiores de 12 anos; 30 euros para socios/as maiores de 12 anos; 17,50 euros para a veciñanza en xeral nenor de 12 anos; e 35 euros para a veciñanza en xeral maior de 12 anos.  Para os nenos e nenas menores de 4 anos a entrada é gratuíta.

Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 690 962 363 ou visitar a páxina web www.acoscastros.es.

A asociación cultural Os Castros organiza un xantar – foliada o 27 de maio no campo da festa de Ortoño

Multimedia

  • Cartaz do xantar - foliada organizado polos Castros