Solapas principales

A Asociación de Empresarios Novo Milladoiro celebrou unha nova edición dos Premios á Distinción Empresarial 2024

Martes, 03 de diciembre de 2024

O pasado xoves, 28 de novembro, a Asociación de Empresarios Novo Milladoiro celebrou unha nova edición dos Premios á Distinción Empresarial, un evento que busca poñer en valor o traballo e compromiso das empresas da nosa contorna. Este ano, a empresa homenaxeada foi GST Telecomunicaciones, un referente no sector das telecomunicacións grazas ao seu servizo de instalacións e mantemento de sistemas avanzados e equipos tecnolóxicos de calidade. En dito acto participaron o presidente da presidente da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, Javier Santos, o alcalde de Ames, Blas García, e representantes das empresas asociadas.

Os Premios á Distinción Empresarial non só celebran o éxito empresarial, senón que destacan aquelas compañías que contribúen ao desenvolvemento sostible, á mellora das condicións laborais e á innovación nos seus respectivos sectores. Este recoñecemento xa forma parte da tradición empresarial da asociación, coa intención de inspirar o tecido empresarial local e apostar polas boas prácticas e o valor engadido.

Este ano, a empresa homenaxeada foi GST Telecomunicaciones, un referente no sector das telecomunicacións grazas ao seu servizo de instalacións e mantemento de sistemas avanzados e equipos tecnolóxicos de calidade. En dito acto participaron o presidente da presidente da Asociación de Empresarios Novo Milladoiro, Javier Santos, o alcalde de Ames, Blas García, e representantes das empresas asociadas.

Ademais, por parte do Goberno municipal asistiron o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, e o concelleiro de Urbanismo, Administración Xeral e Mobilidade, Víctor Fernández.

Empresas homenaxeadas nas edicións anteriores
En edicións previas, empresas como CENOR (2023), Limpezas Salgado (2022), Seragro (2021), Santiago Sur Galicia (2020) e Segundo Rey (2019) foron recoñecidas polo seu compromiso en aspectos clave como:

• A sostibilidade ambiental.
• O bo trato e as condicións ofrecidas ao seu persoal.
• O apoio ás pequenas empresas e profesionais da área.
• A excelencia no trato co cliente final.

Deste modo, estas compañías non só destacaron como punteiras nos seus respectivos sectores, senón tamén pola súa contribución á comunidade empresarial, servindo de modelo para o conxunto do tecido produtivo galego.

Un evento para celebrar coa comunidade empresarial
A Asociación de Empresarios Novo Milladoiro convidou a todas as empresas asociadas a participar nesta celebración. Este evento non só é unha ocasión para recoñecer os logros, senón tamén para establecer e reforzar redes de contacto empresarial.

Este ano a empresa homenaxeada foi GST Telecomunicaciones, un referente no sector das telecomunicacións

Multimedia

  • Este ano a empresa homenaxeada foi GST Telecomunicaciones, un referente no sector das telecomunicacións