Solapas principales

As asociacións e comisións de festas do concello de Ames poden solicitar axudas para a celebración de festexos e actividades

Martes, 14 de mayo de 2024

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, vén de aprobar por primeira vez a convocatoria de subvencións en especies para as festas populares celebradas no 2024 por asociación e comisións de festas municipais. Con estas axudas búscase fomentar a celebración das Festas e colaborar na súa organización, facendo mais doada a labor que está a desenvolver o tecido asociativo e as comisións de festas do concello no eido da dinamización sociocultural. A contía total desta liña de axudas ascende a 24.000 euros. Premendo nesta ligazón pódense obter as bases da convocatoria.

Xa están dispoñibles para a súa solicitude as axudas para as festas  populares celebradas no 2024 por asociación e comisións de festas do concello de Ames, que ascenden a 24.000 euros. A Corporación municipal busca así fomentar a celebración das festas e colaborar na súa organización, facendo mais doada a labor desenvolvida polo tecido asociativo e as comisións de festas. Unha das liñas de colaboración é a concesión de actuacións de grupos de música e baile tradicional e agrupacións corais.

Co fin de optimizar os recursos e para garantir a estabilidade e viabilidade dos orzamentos, na convocatoria establécense asignacións económicas máximas por parroquias. As asociacións culturais ou veciñais e comisións de festas que organizan os festexos dentro dunha mesma parroquia, terán que coordinarse entre sí e realizar a súa solicitude de programación cumprindo os seguintes requisitos e normas:

  • Parroquias de menos de 500 hab.: Máximo 2 actuacións. Límite orzamentario 1.000€
  • Parroquias de 500 - 3000 hab.: Máximo 5 actuacións. Límite orzamentario 3.000€
  • Parroquias de máis de 3000 hab.: Máximo 8 actuacións. Límite orzamentario 4.000€
  • Entidades organizadoras de eventos de interese sociocultural ao marxe dos festexos populares: 1 actuación. Límite orzamentario 500€

A concesión destas axudas realízase directamente as agrupacións de música tradicional ou corais do concello de Ames que estean inscritas no Programa de agrupacións de música tradicional ou Corais do Concello de Ames e conten con un contrato tramitado ao efecto.

Así, os beneficiarios non percibirán cantidade económica. Isto implica que unha vez sexa concedida a axuda porase a disposición dos beneficiarios os servizos previamente autorizados, sendo o Concello quen efectuará directamente o pago á empresa adxudicataria contra a presentación da correspondente factura unha vez comprobada a efectiva prestación do servizo ás entidades beneficiarias para a finalidade que fundamentou a concesión da subvención.

Entidades destinatarias e presentación de solicitudes
Poderán optar a estas subvencións as asociacións culturais ou veciñais e comisións de festas do concello legalmente constituídas, que realicen actividades orientadas á dinamización sociocultural, e que estean ao corrente de pago das súas obrigas por reintegro de subvencións concedidas polo Concello de Ames, así como das obrigas tributarias e fiscais coa AET, co Concello de Ames e coa Seguridade Social.

As solicitudes deberán presentarse a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR), en cumprimento do artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Os prazos para a presentación son:

  • 1º prazo: para as festas e eventos que se celebren nos meses de xaneiro ata agosto, deberán facer a solicitude por rexistro ata o 15 de maio.
  • 2º prazo. Para as festas que se celebren nos meses de setembro a decembro, deberán facer a solicitude por rexistro antes do 31 de xullo.

As subvencións que se outorguen serán compatibles con outras axudas, ingresos ou recursos que para a mesma finalidade poidan conceder outras entidades públicas ou privadas.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Concluye el plazo para solicitar al Concello de Ames actuaciones en fiestas y eventos"

As asociacións e comisións de festas do concello de Ames poden solicitar axudas para a celebración de festexos e actividades