Solapas principales

A atleta amesá María Estévez acadou un quinto posto no Campionato de España sub-18

Martes, 04 de marzo de 2025

Esta pasada fin de semana celebrouse en Valencia o Campionato de España de Atletismo sub-18, no que Ames estivo representado pola atleta María Estévez, atleta da Sociedade Gimnástica de Pontevedra. A amesá, que conseguiu ser subcampioa galega nos 800 metros acadou o quinto posto na final de 1.500 metros.

A atleta de Ames, María Estévez, competiu este pasado domingo no Campionato de España de Atletismo sub-18 Short Track, celebrado en Valencia. A amesá acadou un quinto na final de 1.500 metros. Deste xeito, a subcampioa galega nos 800 metros, demostrou a súa polivalencia e adaptación a ambas distancias.

Na xornada do sábado, a atleta da Gimnástica de Pontevedra correu nunhas semifinais nas que “estaba nerviosa xa que xogas todo por chegar á final é só pasan as 4 primeiras de cada serie”. Tras unha carreira moi técnica, lenta e “agobiante”, María conseguiu clasificarse para a final do domingo.

Finalmente, a carreira da final volveu a ser unha carreira moi táctica e axustada, na que a atleta amesá se amosou “moi contenta e satisfeita” polo resultado conseguido. Deste xeito, este quinto posto axudou tamén a que a Sociedade Gimnástica de Pontevedra, o club no que compite a atleta de medio fondo, rematara o campionato no oitavo posto na puntuación por equipos. 
O seguinte reto serán os 5.000 metros, unha proba na que María Estévez aínda non competiu, e tamén a proba de obstáculos ao aire libre.

A atleta amesá María Estévez acadou un quinto posto no Campionato de España sub-18

Multimedia

  • A atleta amesá María Estévez acadou un quinto posto no Campionato de España sub-18
  • A atleta amesá María Estévez acadou un quinto posto no Campionato de España sub-18
  • A atleta amesá María Estévez acadou un quinto posto no Campionato de España sub-18