Solapas principales

Augas de Ames reforza o servizo de atención á veciñanza cunha nova oficina no Milladoiro

Miércoles, 16 de abril de 2025

Augas de Ames está de estrea. Esta mañá abriu a nova oficina do Milladoiro, que está situada no cruce da avenida de Rosalía de Castro coa rúa Viorneira, no número 56. A nova oficina está situada ao carón da estrada principal do Milladoiro, nun lugar máis visible para a veciñanza e conta cun espazo de 60 metros cadrados o que permite  dispor de varios postos de traballo e deste xeito ampliar o servizo que se estaba a prestar. O horario de atención ao público será o mesmo que o da anterior oficina, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas. Ademais, increméntase o persoal de atención ao público o que permite reforzar o servizo os martes os xoves. O número de teléfono da oficina é o 981 93 94 45.

Ao acto de apertura da nova oficina do Milladoiro acudiron esta mañá o presidente de Augas de Ames e alcalde do Concello de Ames, Blas García; o concelleiro de Obras e Servizos Básicos e membro do Consello de administración de Augas de Ames; Gustavo Nieto; a xerente da Entidade pública empresarial local Augas de Ames; Genma Otero; así como a enxeñeira xefa do servizo e o capataz do servizo de Augas de Ames, Verónica Castro e Ricardo Tosar.

Augas de Ames EPEL é a entidade pública empresarial dependente do Concello de Ames que xestiona o Ciclo integral da Auga e leva dende o 1 de abril de 2024 desenvolvendo esta actividades. A plantilla de persoal está composta por 19 traballadores/as, dos cales 17 foron subrogados da anterior concesionaria e 2 postos foron de nova creación, a xerencia e maila xefatura de servizo.

A EPEL Augas de Ames dispón dunha páxina web na que se recolle a información relativa ao proxecto e ao funcionamento da propia empresa. O principal obxectivo de dita entidade é facer unha mellor xestión, unha xestión máis positiva para a veciñanza, ao pasar a estar xestionada directamente polo Concello.

Para poder desenvolver a súa labor administrativa e de atención á veciñanza, Augas de Ames EPEL dispón actualmente de dúas oficinas con persoal que desenvolve tarefas administrativas, de atención á cidadanía e operativas, que están situadas nos dous grandes núcleos urbanos de Ames. A oficina de Bertamiráns está situada na rúa Agrelo, número 7 baixo, mentres que a nova oficina do Milladoiro pasa a estar situada na avenida de Rosalía de Castro, no número 56.

O presidente de Augas de Ames e alcalde do Concello de Ames, Blas García, destacou que pouco a pouco vaise mellorando a EPEL Augas de Ames. No Milladoiro era necesario dispor dunha oficina con máis espazo porque é o núcleo con maior número de abonados/as. A apertura desta nova oficina enmárcase dentro do  plan de mellora de Augas de Ames. Vaise mellorar o servizo de atención á veciñanza dous días á semana, os martes os xoves, co cal seguimos mellorando a calidade do servizo que se presta”.   

A xerente da Entidade pública empresarial local Augas de Ames, Genma Otero, explicou que “a nova oficina queda moi preto do anterior local de Augas de Ames do Milladoiro, co cal facilítase á veciñanza a súa localización. Ademais gañamos espazo para atender aos/ás abonados/as; e é unha oficina con moita máis luz. Dispón dunha zona de almacén que para a parte operativa do servizo vai ser moi útil; e reforza o servizo de atención á veciñanza do núcleo con máis poboación do concello con 13.000 habitantes”.

Reforzo do servizo no Milladoiro
Debido a que as dimensións da anterior oficina do Milladoiro non eran axeitadas para garantir unha boa prestación do servizo de atención veciñal, e tendo en conta que O Milladoiro é o núcleo poboacional máis grande de Ames cunha poboación de aproximadamente 13.000 habitantes, decidiuse alugar un novo local situado na avenida de Rosalía de Castro, no número 56.

A nova oficina está situada ao carón da estrada principal do Milladoiro, nun lugar máis visible para a veciñanza e conta cun espazo de 60 metros cadrados o que permite dispor de varios postos de traballo e deste xeito ampliar o servizo que se estaba a prestar. O horario de atención ao público será o mesmo que o da anterior oficina, de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas. Ademais, increméntase o persoal de atención ao público o que permite reforzar o servizo os martes os xoves. O número de teléfono da oficina é o 981 93 94 45.

Por outra banda, a nova oficina dispón dunha zona separada na parte de atrás do local que se destina a arquivo e almacén, así como dun aseo para uso do persoal da EPEL e da veciñanza. Tamén conta cun espazo que se emprega como zona de recepción veciñal, para que dispoñan dun espazo para poder sentarse. A nova oficina é accesible xa que dispón dunha rampla de acceso.

Augas de Ames reforza o servizo de atención á veciñanza cunha nova oficina no Milladoiro

Multimedia

  • Augas de Ames reforza o servizo de atención á veciñanza cunha nova oficina no Milladoiro
  • Augas de Ames reforza o servizo de atención á veciñanza cunha nova oficina no Milladoiro
  • Augas de Ames reforza o servizo de atención á veciñanza cunha nova oficina no Milladoiro
  • Augas de Ames reforza o servizo de atención á veciñanza cunha nova oficina no Milladoiro
  • Augas de Ames reforza o servizo de atención á veciñanza cunha nova oficina no Milladoiro