Solapas principales

A Aula da Natureza comeza a campaña de mitigación da avespa velutina

Jueves, 31 de marzo de 2022

O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, comeza en abril a facer o reparto do material para a mitigación da avespa velutina. O persoal do departamento de Medio Ambiente será o encargado de repartir o líquido atrainte. Ao mesmo tempo, achéganse unhas instrucións básicas sobre a colocación das trampas e a utilización do líquido atrainte. Dende o Concello farase un seguimento e avisarase, unha vez finalizado o período de trampeo, sobre a conveniencia de retirar as trampas para non danar outras especies. Dende o Concello anímase aos amesáns e ás amesás a participar nesta iniciativa, que é a maneira máis eficaz de poder controlar a vespa velutina.

A Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente pon en marcha, por quinto ano consecutivo, a campaña de captura responsable de raíñas de vespa velutina, que se levará a cabo de abril a maio e de setembro a outubro. Deste xeito, durante o mes de abril comezan as actuacións que se realizarán no tocante ao inicio do trampeo. Esta etapa inicial está enfocada a capturar ás raíñas e imposibilitar, dese xeito, a aparición de máis niños primarios.

Este ano como moitos veciños e veciñas xa dispoñen de trampas, dende a Concellaría de Medio Ambiente o que se vai facer é o reparto de líquido atrainte, especialmente para raíñas xa que diminuír o seu número é o mellor xeito de baixar a presenza de numerosas avespas obreiras durante a época de verán.

As persoas que colaboran nesta acción deben asinar un compromiso para garantir que o trampeo se realizará só durante os meses de abril a maio e de setembro a outubro, e exclusivamente co líquido facilitado polo departamento de Medio Ambiente. Mediante estas medidas espérase minimizar ao máximo o uso de produtos que poidan alterar ou eliminar outros insectos ou plantas de forma colateral, actuando en exclusiva durante o tempo de voo das raíñas desta especie de vespa.

Unha vez repartido o líquido atrainte, farase un seguimento de dita campaña para ir avaliando en que parroquias e zonas do municipio hai unha maior incidencia. Ademais, no momento do reparto daranse unhas instrucións básicas sobre a colocación das trampas e a utilización do líquido atrainte. Finalizado o período de trampeo informarase sobre a conveniencia de retirar as trampas para non danar outras especies.

Colocación de trampas
As persoas interesadas en colaborar na loita fronte a expansión da velutina poderán solicitar o líquido atrainte a través da Aula da Natureza, enviando un correo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 660 004 665. O líquido atrainte poderase recoller no departamento de Medio Ambiente, situado na Casa da Cultura de Bertamiráns, de luns a venres, en horario de 9:00 a 12:30 horas.

Ao igual que en anos anteriores, durante este ano as trampas haberá que colocalas en dúas fases diferentes, a primeira das cales desenvolverase entre os meses de abril e maio. As trampas que se coloquen durante este primeiro período estarán dirixidas á captura de raíñas, que nesta altura do ano deixan de estar enterradas para a creación de novos niños. A segunda etapa do ciclo de loita contra a avespa velutina terá lugar nos meses de setembro e outubro. Nesta fase o obxectivo será apresar as novas raíñas existentes despois da primeira etapa.

O concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Manuel Lens, anima “a todos os veciños e veciñas a participar nesta campaña que intenta mitigar a expansión desta especia no noso concello. Este ano, tendo en conta que moitos veciños e veciñas xa teñen trampas, centrámonos no reparto de líquido atrainte especialmente para raíñas, xa que diminuír o seu número e o mellor xeito de baixar a presenza de numerosas obreiras durante o verán. Igual que os pasados anos a Aula da Natureza fará un seguimento da campaña e fará un informe final sobre o resultado da mesma”.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Distribución do líquido atraínte na loita contra a vespa velutina"

A Aula da Natureza comeza a campaña de mitigación da avespa velutina]

Multimedia

  • A Aula da Natureza comeza a campaña de mitigación da avespa velutina