Solapas principales

A Aula da Natureza propón rutas guiadas de identificación e recollida de cogomelos

Viernes, 09 de octubre de 2020

“Paseos de Cogomelos” é o título da actividade proposta pola Aula da Natureza á cidadanía de Ames para este outono. Dúas saídas guiadas no mes de outubro e dúas máis no mes de novembro levarán ás/aos participantes a identificar e recoller cogomelos polas fragas, piñeirais, prados e carballeiras de distintas parroquias de Ames. O prazo para inscribirse está aberto até ás 14 horas do xoves anterior a cada unha das saídas que se desenvolverán os sábados 17 e 31 de outubro e 14 e 28 de novembro. Ofértanse 20 prazas e o correo para anotarse é auladanatureza@concellodeames.gal.

A primeira saída realizarase o sábado 17 de outubro e terá como destino os piñeirais e carballeiras de Ortoño. O sábado 31 do mesmo mes, serán os bosques mixtos de Oca e Lens quen acollan os participantes na ruta-paseo dos cogomelos. No mes de novembro, o día 14 a proposta achegarase aos prados e montes de Biduído e o sábado 28 do mesmo mes percorrerá os camiños de Ameixenda.

En todos os casos, sairase ás 9:45 da Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10 da praza do Concello de Bertamiráns. A saída durará até as 14:00, hora na que os participantes se congregarán na praza do Concello.

As inscricións recolleranse no correo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal até as 14:00 horas do xoves anterior a cada unha das actividades. Unha vez que a persoa se anote, no caso de non poder asistir á actividade, deberá comunicalo a Aula da Natureza como mínimo con 24 horas de antelación. De non facelo así perderá a prioridade para outras ocasións. Hai 20 prazas dispoñibles para cada unha das saídas. Terán preferencia as persoas empadroadas en Ames. 

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A Aula da Natureza de Ames propón rutas guiadas de identificación e recollida de cogomelos"

Cartaz "Paseos dos cogomelos"

Multimedia

  • Cartaz "Paseos dos cogomelos".