Solapas principales

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro organiza unha xornada de ciberseguridade

Lunes, 14 de noviembre de 2022

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) organiza unha xornada de ciberseguridade para este xoves, 17 de novembro, ás 17.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. A entrada é de balde ata completar aforo. Ademais, clausúranse os primeiros cursos do segundo módulos de alfabetización dixital no rural. Entregaráselle os diplomas de asistencia a estes cursos, aos veciños e veciñas de Agrón, Trasmonte, Bugallido e Biduído. Arredor de 30 persoas estiveron participando nestes cursos que comenzaron en outubro e que rematan o 16 de novembro.

A aula de informática do Milladoiro, a AMTIC, organiza unha nova actividade para este xoves 17 de novembro. Trátase dunha xornada de ciberseguridade que se impartirá no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro a partir das 17.30 horas. Esta actividade está aberta a todos os públicos. A entrada é de balde ata completar aforo. Este tipo de xornadas son actividades complementarias que organiza a AMTIC de xeito paralelo aos cursos do segundo módulo de alfabetización dixital no rural e aos cursos que se imparten nas instalacións da AMTIC.

Nesta conferencia tratarase o tema da manipulación e desinformación e os principais fraudes asociados a isto: phishing, compras en liñas, anuncios vacacionais, choios de segunda man. A conferencia será impartida por Nacho Álvarez, diplomado en Investigación Privada e graduado en Criminoloxía pola Universidade de Salamanca. Así mesmo, está habilitado como Xefe e director de Seguridade polo Ministerio do Interior, quen ademais outorgoulle a habilitación de Instrutor de Seguridade.

Tras colaborar durante dous anos para a Secretaría de Estado de Seguridade nun programa de investigación sobre homicidios no contexto da violencia de xénero, no ano 2018 comenzou a traballar en SIA como consultor de ciberseguridade, onde obtivo as certificacións de Auditor Xefe de Sistemas de Xestión de Seguridade da Información e como Auditor Xefe en Continuidade de Negocio. Actualmente, é responsable de formación e concienciación en ciberseguridade de Govertis – TelefónicaTech.

Cursos de alfabetización dixital no rural
Ademais, clausúranse os primeiros cursos do segundo módulos de alfabetización dixital no rural. Entregaráselle os diplomas de asistencia a estes cursos aos veciños e veciñas de Agrón, Trasmonte, Bugallido e Biduído. Arredor de 30 persoas estiveron participando nestes cursos que comenzaron en outubro e que rematan o 16 de novembro, no que estiveron reforzando os coñecementos recibidos na primeira parte deste curso, realizado no 2021, e aprenderon novos temas relacionados coa xestión de arquivos, ofimática, tratamento de imaxes, correo electrónico, redes sociais, uso de dispositivos móbiles, entre outros temas.

Por outra banda, continúase co plan formativo en alfabetización dixital polas distintas parroquias de Ames (modulo II). Deste xeito, ao longo deste mes comezarán os cursos nas parroquias de Tapia, Ameixenda, Augapesada e Covas. Nestes cursos ten prioridade o alumnado que participou no primeiro modulo deste mesmo curso en 2021. No caso de que queden prazas libres abrirase un período de inscrición para aquela veciñanza que desexe inscribirse. Ofértanse 90 persoas, 10 por curso que se imparte en cada local social.

Para participar neste segundo modulo é necesario ter coñecementos de informática a nivel básico. Impartiranse nocións de Windows 10, ofimática: Word - Excel, internet, a nube, correo electrónico, seguridade na rede, redes sociais, e usos dos dispositivos móbiles. En total, impartiranse 25 horas de clases prácticas. Ademais, as persoas que participen en dito curso visitarán as aulas de informática de Bertamiráns (Aula CeMIT) e do Milladoiro (AMTIC), para que as coñezan e se o desexan poidan seguir ampliando os seus coñecemento de informática en ditas instalacións.

A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, destaca que “a primeira edición do curso de alfabetización no rural tivo un gran éxito de participación e ante a demanda das/os participantes de facer un segundo curso para seguir ampliando os coñecementos en informática, comprometinme a que se impartiría un segundo módulo. Deste xeito, estamos dándolle continuidade a este programa que tan ben está funcionando nos locais sociais do rural. Ademais, na aula de informática do Milladoiro estase impartindo un amplo programa que inclúe cursos que se imparten de xeito presencial e outros en liña. Tamén se inclúen actividades complementarias como a charla sobre ciberseguridades que se imparte este xoves 17 de novembro”.

Programación da AMTIC para decembro
Para o mes de decembro hai programados dous cursos que se van impartir de xeito presencial. O primeiro será sobre compras seguras en internet para maiores de 18 anos, que se vai impartir o 13 e 15 de decembro, de 10.00 a 11.30 horas. Para os nenos e nenas haberá un obradoiro de felicitacións de Nadal con scratch. Realizarase os días 26 e 27 de decembro para nenos e nenas de 7 a 12 aos e os días 28 e 29 de decembro para rapaces e rapazas que teñen de 13 anos en diante. Esta actividade impartirase en ambos casos en horario de 11.00 a 12.30 horas. Para os cursos de decembro tamén se ofertan 12 prazas.

En decembro tamén se imparte un curso en liña. Deste xeito, os días 12 e 14 de decembro realizarase un curso sobre compras seguras en liña, tamén para persoas maiores de 18 anos, en horario de 16.30 a 18.00 horas.

Inscricións nos obradoiros
As inscricións poden realizarse na Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, sitiada na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de Aula Aberta: de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas (durante o horario de realización dos cursos non haberá Aula Aberta) ou enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal. Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 981 535 940, ou escribir ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Jornada de ciberseguridad abierta al público en Milladoiro este jueves"

Cartaz da xornada de ciberseguridade

Multimedia

  • Cartaz da xornada de ciberseguridade
  • Cataz dos cursos de alfabetización dixital no rural
  • Cataz da programación da Aula AMTIC