- Tematica
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC) ten preparada a nova programación que se vai impartir nos meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Dentro da programación que se vai impartir inclúese o segundo módulo do curso de alfabetización dixital, que se impartirá nos locais sociais de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Ortoño, Tapia, Ameixenda, Augapesada e Covas. Neste curso terá prioridade o alumnado que participou no primeiro modulo deste mesmo curso en 2021. Ademais, impartiranse 9 cursos máis de xeito presencial e en liña. Xa está aberto o prazo de inscrición para estas actividades.
A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, e maila técnica responsable da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, Almudena Caamaño, presentaron esta mañá na Casa da Cultura do Milladoiro a programación da AMTIC para o último trimestre deste ano. Dita programación está dividida en dúas partes. Por unha banda, vaise impartir o segundo modulo do curso de alfabetización dixital que se impartirá no rural de Ames, e por outra banda, impartiranse 9 cursos de xeito presencial e en liña nas instalacións da AMTIC dirixidos a nenos/as e adultos.
A aula de informática do Milladoiro, a AMTIC, abriu as súas portas no pasado mes de abril cun renovado aspecto tras experimentar unha reforma e unha modernización do espazo e dos seus equipos informáticos. A aula, que se atopa no andar baixo da Casa da Cultura do Milladoiro, conta con doce equipos, un deles cun posto accesible e adaptado para persoas con mobilidade reducida. O proxecto de renovación foi impulsado pola Concellaría de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación.
Curso de alfabetización dixital no rural
Durante os meses de outubro, novembro e decembro vaise a impartir o segundo modulo do curso de alfabetización dixital no rural de Ames. Esta actividades impartirase nos locais sociais de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Ortoño, Tapia, Ameixenda, Augapesada e Covas. Neste curso terá prioridade o alumnado que participou no primeiro modulo deste mesmo curso en 2021. No caso de que queden prazas libres abrirase un período de inscrición para aquela veciñanza que desexe inscribirse. Participarán 90 persoas, 10 por curso que se imparte en cada local social.
Para participar neste segundo modulo é necesario ter coñecementos de informática a nivel básico. Impartiranse nocións de Windows 10, ofimática: Word - Excel, internet, a nube, correo electrónico, seguridade na rede, redes sociais, e usos dos dispositivos móbiles. En total, impartiranse 25 horas de clases prácticas. Ademais, as persoas que participen en dito curso visitarán as aulas de informática de Bertamiráns (Aula CeMIT) e do Milladoiro (AMTIC), para que as coñezan e se o desexan poidan seguir ampliando os seus coñecemento de informática en ditas instalacións.
A concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, Natividade González, destaca que “a primeira edición do curso de alfabetización no rural tivo un gran éxito de participación e ante a demanda das/os participantes de facer un segundo curso para seguir ampliando os coñecementos en informática, comprometinme a que se impartiría un segundo módulo. Deste xeito, vamos a continuar con este programa que tan ben está funcionando nos locais sociais do rural. Ademais, na aula de informática do Milladoiro vaise a impartir un amplo programa que inclúe nove cursos que se impartirán de xeito presencial e en liña durante o último trimestre do ano”.
Programación da AMTIC
A programación que se vai impartir na Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro vaise facer de xeito presencial, pero tamén haberá actividades en liña que se van impartir de xeito simultáneo na Aula CeMIT de Bertamiráns e na AMTIC.
Do 4 ao 27 de outubro impartirase de xeito presencial un curso de iniciación á informática para adultos que está dirixido a persoas maiores de 18 anos. Para esta actividade ofértanse 12 prazas. Impartirase os martes e xoves de 10.00 a 11.30 ou de 18.30 a 20.00 horas. Tamén en outubro vaise impartir de xeito presencial un curso de mecanografía para nenos/as (do 3 ao 31 de outubro), que está destinados a rapaces e rapazas de máis de 7 anos. Impartirase os luns e mércores de 18.00 a 19.00 horas. Para este curso tamén se ofrecen 12 prazas.
No mes de novembro haberá dous novos cursos que se impartirán de xeito presencial. Do 8 de novembro ao 1 de decembro impartirase o obradoiro de mecanografía para maiores de 18 anos. Será os martes e xoves de 10.00 a 11.30 horas ou de 18.30 a 20.00 horas. Ofértanse 12 prazas. Ademais, do 7 ao 30 de novembro vaise impartir un curso de iniciación á informática para nenos e nenas a partir dos 7 anos de idade. Realizarase os luns e mércores de 18.00 a 19.00 horas. Ofrécense tamén 12 prazas para eta actividade.
Para o mes de decembro hai programados dous cursos que se van impartir de xeito presencial. O primeiro será sobre compras seguras en internet para maiores de 18 anos, que se vai impartir o 13 e 15 de decembro, de 10.00 a 11.30 horas. Para os nenos e nenas haberá un obradoiro de felicitacións de Nadal con scratch. Realizarase os días 16 e 27 de decembro para nenos e nenas de 7 a 12 aos e os días 28 e 29 de decembro para rapaces e rapazas que teñen de 13 anos en diante. Esta actividade impartirase en ambos casos en horario de 11.00 a 12.30 horas. Para os cursos de decembro tamén se ofertan 12 prazas.
Actividades en liña
Por outra banda, vanse a impartir tres actividades en liña. A primeira realizarase do 17 de outubro ao 2 de novembro e tratará sobre o correo electrónico. Está destinada a persoas maiores de 18 anos. Impartirase os luns e mércores de 16.30 a 18.00 horas. Ademais, do 7 ao 30 de novembro vaise a impartir un curso en liña denominado “Traballando na nube: sácalle partido ao Google Drive”. Tamén está dirixido a persoas maiores de 18 anos. Impartirase os luns e mércores de 16.30 a 18.00 horas. Por último, os días 12 e 14 de decembro realizarase un curso sobre compras seguras en liña, tamén para persoas maiores de 18 anos, en horario de 16.30 a 18.00 horas.
Ademais, ao longo do trimestre está previsto que se organicen actividades complementarias (charlas e outros obradoiros) que se irán anunciando e que estarán relacionados con temas de actualidade das Tics.
Inscricións nos obradoiros
As inscricións poden realizarse na Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro, sitiada na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de Aula Aberta: de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas (durante o horario de realización dos cursos non haberá Aula Aberta) ou enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal. Para máis información, pódese chamar ao número de teléfono 981 535 940, ou escribir ao enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Llevan la alfabetización digital al rural maiano y la informática a O Milladoiro"