Jueves, 12 de agosto de 2021
- Tematica
O programa “AmesON” organiza un novo concerto o venres 13 de agosto. O dúo Sond de Caracas actuará no Parque de Manuel Murguía, no Milladoiro, ás 20.00 horas. O evento estaba previsto para o pasado 19 de xuño pero, polas condicións meteorolóxicas, adiouse a esta nova data.
Os ritmos latinos continúan animando ao público cos concertos organizados polo AmesOn. A concellaría de Promoción Económica pon en marcha esta serie de actuacións para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.
A música do “AmesON” volverá o sábado 28 de agosto da man do grupo Virtual Project.