Solapas principales

Bertamiráns acolle o próximo domingo 8 de maio un novo seminario de defensa persoal feminina

Martes, 26 de abril de 2022

A Concellaría de Deportes organiza no pavillón municipal de Bertamiráns un obradoiro de defensa persoal feminina, despois de ter acollido talleres similares nos últimos meses tanto no Milladoiro como en Bertamiráns. O curso, que se celebrará o próximo domingo, 8 de maio, desenvolverase de 10:00 a 14:00 horas. A proposta é de balde e conta con 50 prazas, para as que cómpre inscribirse, enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico deportes@concellodeames.gal.

O pavillón municipal de Bertamiráns acolle o próximo domingo, 8 de maio, unha nova proposta relacionada coa defensa persoal feminina, un tema que nos últimos meses está a ter unha recepción positiva por parte da veciñanza. Neste senso, Bertamiráns acolleu en outubro un seminario de tres horas similar, mentres en febreiro celebrouse no Milladoiro o curso anual de defensa persoal da Deputación da Coruña, ao que asistiron preto de 40 veciñas.

No seminario, que inclúe catro horas de información, poderán participar aquelas mulleres e adolescentes a partir dos 16 anos, ata cubrir un máximo de 50 prazas. No caso das persoas menores de idade, deberán asistir ao taller acompañadas dunha persoa adulta. Para realizar a actividade, recoméndase asistir con pantalón deportivo e camiseta, roupa cómoda e se fora posible, evitando cremalleiras. Cada persoa deberá levar a súa propia esteira. Na proposta, a Concellería de Deportes colabora coa Asociación de artes marciais Bujutsu Sosei.

Para participar na actividade, de balde, cómpre enviar esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico deportes@concellodeames.gal, ata o xoves 5 de maio. No caso das persoas menores de idade, haberá que engadir na ficha os datos da súa nai, pai ou responsable legal.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Volve a formación en defensa persoal para que as amesás repelan agresións"

Bertamiráns acolle o próximo domingo 8 de maio un novo seminario de defensa persoal feminina

Multimedia

  • Bertamiráns acolle o próximo domingo 8 de maio un novo seminario de defensa persoal feminina