Solapas principales

Bertamiráns acollerá o espectáculo de danza Leira

Martes, 13 de julio de 2021

O parque do Ameneiral será o escenario que acolla o espectáculo Leira, ás 22:00 horas, o venres 6 de agosto. O novo traballo de Nova Galega de Danza mestura a danza coa música en directo de Rosa Cedrón para transportar á veciñanza á dura beleza dos labores do campo. O aforo está limitado a 400 persoas. Xa se poden adquirir os convites na billeteira electrónica.

Esta mañá presentouse o evento de danza no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Ao acto asistiron Natividade González, concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, María Mariño, distribuidora da compañía Nova Galega de Danza e Jaime Pablo Díaz, Director Artístico e Director de Nova Galega de Danza. Tamén acudiron Sergio Moure, compositor, e Rosa Cedrón, quen pon a voz en directo do espectáculo.

O espectáculo de danza Leira acadou o Premio do público na MIT de Ribadavia 2020. Poden coñecer máis datos sobre o espectáculo premendo na seguinte ligazón Leira.

Natividade González, concelleira de Cultura , asegurou que: “É un pracer programar un espectáculo de danza deste nivel, xa que contamos cunha das mellores compañías do país, e por outra parte acompañada dunha das voces máis recoñecidas a nivel internacional. Leira vai ser un dos espectáculos estrela deste verán, ademais de achegar a danza a todo o tipo de público, xa que o enclave é un lugar que une a moita xente de distintas idades”.

Ademais, engadiu que: “Dende Ames levamos tempo intentado apostar pola danza que creemos que é unha disciplina que antes non estaba representada, intentamos que forme parte de toda a nosa programación dende fai 3 anos”·

Jaime Díaz director artístico, quixo agradecer ao Concello de Ames: “Apostades pola cultura e, sobre todo, pola danza e, neste caso por Nova Galega Danza. Estamos moi contentos de poder presentar o noso último traballo, Leira, en Bertamiráns, onde estamos por primeira vez. Un traballo que nos está dando tantas alegrías. O parque de Ameneiral é un lugar marabilloso e representar aquí o espectáculo vai a ser moi diferente”.

Sergio Moure, compositor, asegurou que: “Leira estanos a dar moitas alegrías. Leira é o segundo espectáculo no que traballo con Nova Galega Danza e é una marabilla traballar con xente tan boa e tan profesional. A xente vai poder desfrutar moito do espectáculo”

Rosa Cedrón, voz en directo do espectáculo, asegurou que: “Vendo este marco incomparable, vai a ser unha auténtica gozada subirse ao escenario aquí. Creo que vai ser das primeiras veces que “Leira” está tan integrada dentro dun contexto e dentro da natureza, que é unha parte moi importante. Para min, este proxecto está a ser unha auténtica gozada xa que é o primeiro contacto coa danza”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A dura beleza da agricultura"

Presentación Leira Danza

Multimedia

  • Leira Danza
  • Leira Danza
  • Leira Danza
  • Leira Danza