Lunes, 20 de abril de 2020
- Tematica
Este ano, pola crise sanitaria provocada polo coronavirus, a celebración do Día do Libro realízase na maior parte do mundo de maneira virtual e moitas bibliotecas buscaron a maneira de ofrecer servizos e realizar actividades de animación a través das redes sociais. Deste, xeito, a Biblioteca municipal de Ames desenvolverá ao longo desta semana contacontos, retos arredor dos libros para todas as idades, encrucillados, construción de historias… Os usuarios e as usuarias que desexen participar nestas actividades poderán seguir as publicacións e as pistas para os xogos sobre libros no Facebook coa etiqueta #BiblioRetos.
O Día Internacional do Libro, o 23 de abril, foi instaurado pola Unesco en 1988 aproveitando as datas do pasamento de autores tan importantes como William Shakespeare e Miguel de Cervantes. Esta data homenaxea os libros e os e as autoras e fomenta o acceso á lectura para o maior número posíbel de persoas. Tal e como di a Unesco, o libro representa unha das mellores invencións para compartir ideas e encarna un instrumento eficaz para loitar contra a pobreza e construír a paz.
O Concello de Ames celebra desde hai máis de 10 anos esta data de maneira moi especial, coa realización da actividade Literatura na Praza que contaba coa realización de actividades de animación á lectura, contacontos, presentación de libros, encontro con autores, música e teatro. Para este ano 2020 a actividade tivo que ser suspendida pero desde a Biblioteca municipal de Ames ofrecen unha serie de actividades que se poderán seguir desde o Facebook da Biblioteca municipal de Ames.
Hai preparadas actividades que se irán publicando todos os días, dende hoxe e ata o 24 de abril: contacontos, retos arredor dos libros para todas as idades, encrucillados, construción de historias… Os usuarios e as usuarias que desexen participar nestas actividades poderán seguir as publicacións e as pistas para os xogos sobre libros no Facebook coa etiqueta #BiblioRetos.
A concelleira responsable do servizo da Biblioteca municipal de Ames, Natividade González, explica que “tíñamos planificada unha extensa programación para a celebración do Día do Libro, que non vai poder realizarse debido ao estado de alarma declarado pola pandemia do Covid-19 Aínda así vanse a realizar varias actividades como as que desenvolverá nas redes a biblioteca municipal. Animo a todas as veciñas e veciños a que participes nas propostas feitas para conmemorar o día do Libro”.