- Tematica
As bibliotecas municipais do Concello de Ames organizaron unha serie de actividades para o mes de marzo relacionadas co Día da Poesía. O martes 23 de marzo, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina, realizarase unha sesión de recitais de poesía e faladoiro sobre a poesía actual en Galicia coa participación de Diego Horschovsk, Dinamizador cultural e organizador Poetry Slam Compostela e Filosofía a Pé de Rúa; Anna R. Figueiredo, escritora, divulgadora cultural e vicepresidenta da AELG; e Carlos Da Aira, poeta e organizador de Poemagosto, Festival Internacional de Poesía en Allariz.
As bibliotecas municipais de Ames prepararon unha ampla programación de actividades para este mes de marzo. Unha parte da programación está relacionada coa conmemoración do Día da Poesía que se celebra este 21 de marzo. Deste xeito, o martes 23 de marzo, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina, realizarase unha sesión de recitais de poesía e faladoiro sobre a poesía actual en Galicia.
No evento, presentando pola concelleira de Cultura, Natividade González, participarán Diego Horschovsk,dinamizador cultural e organizador do Poetry Slam Compostela e Filosofía a Pé de Rúa; Anna R. Figueiredo, escritora, divulgadora cultural e vicepresidenta da AELG; e Carlos Da Aira, poeta e organizador de Poemagosto, Festival Internacional de Poesía en Allariz.
A entrada é gratuíta ata completar un aforo máximo de 30 persoas.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Ames celebra mañá o Día da Poesía cun recital"