Solapas principales

As bibliotecas municipais organizan un obradoiro de creación de cómic para celebrar o Día do Cómic

Lunes, 04 de marzo de 2024

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames prepara co gallo da celebración do Día do Cómic un obradoiro de creación de cómic. Esta actividade, dirixida a nenos e nenas a partir de 3º de primaria, levarase a cabo tanto na biblioteca do Milladoiro como na de Bertamiráns. Aquelas familias interesadas en participar, poderán inscribirse desde hoxe e ata o 13 de marzo escribindo a biblioteca@concellodeames.gal ou nos teléfonos 981 530 807 e 981 884 829

O calendario do Libro e da Lectura 2024 marca o 17 de marzo como o Día do Cómic, que se conmemorou por primeira vez en 2022. Celébrase neste día porque foi nesta data cando se publicou o primeiro exemplar da mítica revista TBO, que dou nome ao fenómeno da lectura en viñetas en España.

As bibliotecas municipais súmanse a esta celebración organizando un obradoiro de creación de cómic para nenos e nenas a partir de 3º de primaria. Haberá dúas datas dispoñibles: o venres 15 de marzo, ás 17:00 horas, na biblioteca do Milladoiro; e o sábado 16, ás 11:30 horas, na biblioteca de Bertamiráns.  

A rapazada poderá inscribirse entre o 4 e o 13 de marzo escribindo a biblioteca@concellodeames.gal ou nos teléfonos 981 530 807 (biblioteca ddo Milladoiro) ou  981 884 829 (biblioteca de Bertamiráns).

Novas relacionadas:

Ames Go: "Obradoiro para nenos e nenas como celebración do Día do Cómic nas Biblioteas Municipais"

As bibliotecas municipais organizan un obradoiro de creación de cómic para celebrar o Día do Cómic

Multimedia

  • As bibliotecas municipais organizan un obradoiro de creación de cómic para celebrar o Día do Cómic