Solapas principales

Borja Álvarez e Claudia Silva gañan a primeira edición da travesía a nado Tapia Swinway

Martes, 24 de septiembre de 2019

O Concello de Ames e o Club de Natación Cidade de Santiago organizaron este sábado pasado, 21 de setembro, a Tapia Swinway, unha travesía a nado composta de tres probas para un total de cinco categorías. Nesta proba deportiva participaron unhas 78 persoas. Na categoría absoluta gañaron Borja Álvarez e Claudia Silva. A primeira edición da Tapia Swinway contou coa colaboración do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre e da Agrupación de Protección Civil do Concello de Ames.

O río Tambre, ao seu paso pola praia fluvial de Tapia, acolleu este pasado sábado, 21 de setembro, a Tapia Swinway, unha nova iniciativa deportiva que puxo en marcha a Concellaría de Deportes. Nesta proba participaron deportistas de cinco categorías diferentes: alevín, infantil, júnior, absoluto e máster. Houbo trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Premendo nas ligazóns que están ao pé desta nova poderás consultar as clasificacións da Tapia Swinway.

A travesía a nado contou con tres probas: unha de 1.200 metros, con saída e chegada na mesma posición, na que houbo que realizar dúas veces un percorrido de 600 metros, dividido en dous tramos de 300 metros. A segunda proba tivo unha distancia de 1.800 metros, tendo que realizar tres veces o mesmo percorrido. A terceira e última proba foi unha remuda de 4x600 metros, na que cada equipo de relevo tivo que estar composto por dous participantes de categoría infantil ou inferior e dous participantes de categoría júnior ou superior.
 
As diferentes probas rexéronse pola normativa da Federación Española de Natación e, durante a celebración do evento, a organización contou coa cobertura acuática necesaria para garantir a seguridade e o bo desenvolvemento da proba. Ademais, a primeira edición da Tapia Swinway contou coa colaboración do Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre e da Agrupación de Protección Civil do Concello de Ames.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, destacou “a boa acollida desta nova proba deportiva na que participaron unhas 70 persoas. Gracias á colaboración do Club de Natación Cidade de Santiago púxose en marcha unha travesía a nado que era moi demandada polos nadadores e nadadoras da comarca. Estamos moi satisfeitos pola boa participación que tivo esta proba e agardamos poder seguir realizando esta iniciativa en próximas edicións”.

Imaxe da primeira edición da travesía a nado Tapia Swinway

Multimedia

  • Imaxe da primeira edición da travesía a nado Tapia Swinway
  • Imaxe da primeira edición da travesía a nado Tapia Swinway
  • Imaxe do podio da primeira edición da travesía a nado Tapia Swinway