- Tematica
A Concellaría de Deportes de Ames e a Asociación Bujutsu Compostela organizan un novo curso de defensa persoal destinado a mulleres maiores de 16 anos. A actividade impartirase no ximnasio do pavillón municipal de Bertamiráns este domingo, 9 de xuño, en horario de 10.00 a 13.00 horas. Durante a formación, as asistentes coñecerán unha serie de pautas para actuar ante unha situación de agresión e, a continuación, practicarán as actuacións ante distintos tipos de agresións. O curso conta cun total de 24 prazas. A inscrición pode realizarse mediante chamada telefónica ou whatshapp ao teléfono 665 841 036.
Ames acolle este domingo, 7 de xuño, un novo curso de defensa persoal feminina, impulsado polo incremento na demanda deste tipo de actividades entre a poboación amesá. O curso impartirase no ximnasio do pavillón municipal de Bertamiráns en horario de 10.00 a 13.00 horas, e será conducido por un dos adestradores da asociación Bujutso Compostela, que ofrecerá ás participantes un conxunto de técnicas moi sinxelas para tratar de defenderse ante unha ameaza ou agresión.
Así, durante a primeira media hora, o monitor presentará unha serie de pautas destinadas a previr unha agresión e sinalará como debe ser a actuación da vítima no caso de que esta se produza. A continuación, entre as 10.30 e as 13.00h, as participantes coñecerán de primeira man como enfrontarse e resolver diversos tipos de agresións, para o que porán en práctica unha serie de técnicas enfocadas na defensa persoal e na posterior fuxida. Deste xeito, o obxectivo será que as alumnas sexan quen de adoptar resolucións rápidas e contundentes ante unha situación de perigo.
Para participar neste curso, que conta cun total de 24 prazas, será necesario inscribirse a través do teléfono 665 841 036. Se ben esta actividade é gratuíta, deberán realizarse o pago de 5 euros por participante en concepto de seguro deportivo, que poderán aboarse o mesmo domingo no pavillón.