- Tematica
A campaña “Vive o Nadal” que desenvolve o Servizo de Animación á Lectura da Biblioteca Municipal en colaboración coas librerías Lenda, Máinomen e Huargo Artis, de Bertamiráns, e maila a papelería O Tinteiro, do Milladoiro está tendo unha boa acollida, tal e como o demostra a cantidade de vales entregados até de agora polos libreiros e libreiras amesás. A campaña remata o cinco de xaneiro. Até ese momento, calquera persoa que merque un libro nas devanditas librarías recibirá un vale que lle dará dereito a participar nun sorteo de 32 premios de 25 euros para canxear por libros. En total repartiranse 800 euros. O sorte levarase a cabo o 8 de xaneiro, ás 12:00 horas nas sedes das bibliotecas municipais en Bertamiráns e Milladoiro.
“Esta mesma mañá, Xoanma Lijó, o bibliotecario que mantén o contacto coas librarías implicadas na campaña, dicíanos que está a ter moi boa acollida”, manifesta a concelleira de Cultura, Natividade González, quen amosa unha dobre satisfacción: “Por unha banda gabamos poder axudar, co incentivo da compra do libro, a impulsar o comercio local, un sector moi agraviado durante o peche dos establecementos no estado de alarma, e por outro pensamos que a iniciativa demostra que a suma de factores como a pandemia, as campañas de animación á lectura e a promoción do sector están a facer que agromen novos lectores e lectoras”.
Até o martes 5 de xaneiro, todas as persoas que compren libros nalgunhas das librarías do concello, poden participar nun sorteo dun vale de 25 euros para canxear ata o 16 de xaneiro. En total, repartiranse 800 euros divididos en 32 premios de 25 euros cada un. Esta iniciativa, baixo no nome “Vive o Nadal nas librarías de Ames”, pretende incentivar á lectura e impulsar o comercio local do concello. As librarías participantes son Lenda, Máinomen e Hiargo Artis, en Bertamiráns, e maila a papelería O Tinteiro, no Milladoiro.
Coa finalidade de beneficiar ao pequeno comercio local, neste caso ás librarías, e fomentar a lectura entre a veciñanza, o Concello de Ames, a través do departamento de Bibliotecas municipais, organiza a iniciativa “Vive o Nadal nas librarías de Ames 2020”.Poderán participar todas aquelas persoas que realicen compras de libros nas librarías participantes durante o período comprendido dende o 14 de decembro de 2020 ata o 5 de xaneiro de 2021. Todas elas poderán gañar un dos 32 premios que se reparten de 25 euros cada un. As librarías participantes son papelería O Tinteiro, no Milladoiro, e, en Bertamiráns, as librarías Lenda, Máinomen e Huargo Artis.
Por cada compra de libros, o establecemento entregará unha papeleta na que o/a cliente anotará os seus datos persoais e de contacto (nome, apelidos, DNI, email e teléfono de contacto). Posteriormente, depositará a papeleta nunha urna situada na propia libraría. A biblioteca sorteará oito premios de 25 euros por cada unha das librarías participantes, para canxear no mesmo establecemento ata o día 16 de xaneiro.
Natividade González, concelleira de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, explica que “se trata dunha nova iniciativa coa finalidade de fomentar a lectura e promover o uso das librarías locais, colaborando así co sector do libro ante a difícil situación derivada da Covid-19.”
O sorteo dos premios será o 8 de xaneiro
O 7 de xaneiro recolleranse as urnas de cada unha das librerías participantes e o venres, 8 de xaneiro, ás 12.00 horas, farase un sorteo público nas bibliotecas municipais (do Milladoiro e de Bertamiráns), para coñecer os/as gañadores/as dos 32 premios de 25 euros para canxear no mesmo establecemento ata o 16 de xaneiro de 2021. Os días 8 e 9 de xaneiro dende o servizo de Bibliotecas poñeranse en contacto coas persoas gañadora para entregarlle o vale pola cantidade premiada.
Cada participante só poderá recibir un único premio e, en caso de que a mesma persoa resulte agraciada no sorteo máis dunha vez, non será válido e volverase a repetir o sorteo para escoller unha nova persoa premiada. Non poderá participar no sorteo nin o persoal das bibliotecas nin o dos establecementos participantes. As persoas premiadas deberán canxear o vale por libros, no mesmo establecemento no que depositaron a papeleta, ata o 16 de xaneiro.