Solapas principales

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a exposición “O artesán, as mans sabias”, do fotógrafo Toño Villar

Miércoles, 02 de octubre de 2024

O vestíbulo de exposicións da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle ata o luns 14 de outubro a mostra “O artesán, as mans sabias”, composta por 21 imaxes elaboradas polo fotógrafo Toño Villar que recollen o traballo de Xosé Tunhas, artesán e veciño da parroquia de Trasmonte.

O departamento de Cultura inaugura este mes de outubro cunha proposta artístico-fotográfica. Trátase da exposición “O artesá, as mans sabias”, na que o fotógrafo afincado en Bertamiráns, Toño Villar, se adentra no taller de Xosé Tunhas, un artesán que leva vinte anos fabricando instrumentos de percusión personalizados.

A través das diversas imaxes que integran a mostra, Villar documenta o proceso de fabricación artesanal que segue Tunhas para crear pezas únicas, desde os primeiros pasos ata o produto final. A exposición está formada por 21 láminas de un total de 80 sobre o traballo deste artesán.

Segundo sinala o propio fotógrafo, o obxectivo da mostra “non é tanto amosar o proceso de fabricación, senón integrar ao espectador nese ambiente normalmente íntimo, case monocromático e cun certo punto onírico, que acaba envolvendo os obradoiros dos pequenos artesáns”. Para iso, acudiu en reiteradas ocasión ao taller de Xosé Tunhas, de xeito que puidera captar distintos momentos do proceso de fabricación e montaxe do material, facendo un traballo en segundo plano e sen interferir nas súas tarefas.

A exposición permanecerá no vestíbulo da Casa da Cultura de Bertamiráns do 1 ao 14 de outubro. O acceso é libre.

Para máis información sobre dita exposición e sobre outros traballo do autor pódese contactar con el a través do enderezo electrónico info@tonovillar.es e da súa páxina de Instagram, @tonovillarfotografia.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a exposición “O artesán, as mans sabias”, do fotógrafo Toño Villar

Multimedia

  • A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a exposición “O artesán, as mans sabias”, do fotógrafo Toño Villar