- Tematica
O vindeiro sábado 19 de outubro, ás 19:00 horas, terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o concerto de música clásica “En clave clásica”. A velada contará coa interpretación e dirección dos artistas do Centro Superior de Música de Galicia, tutelados polo mestre Boris Perrenoud, director da Wiener Musikakademie. Os convites poden retirarse a través da Billeteira electrónica.
O Concello de Ames, a través da Escola Municipal de Música, organiza un novo concerto na Casa da Cultura de Bertamiráns. Terá lugar o sábado 19 de outubro, ás 19:00 horas, e nel interpretaranse tres pezas: a obertura Coriolan en Dom Op.62 de Beethoven, un popurri para viola e orquestra Op. 94 de Hummel, e a oitava sinfonía en ReM Op. 26F de Schubert. Os convites poden retirarse a través da Billeteira electrónica.
No concerto actuarán os músicos do Centro Superior de Música de Galicia, tutelados polo director da Wiener Musikakademie, Boris Perrenoud. Ademais, actuará como viola solista o músico Roberto Morales González.
O mestre Boris Perrenoud dirixe regularmente o prestixioso Concerto de Noitevella da Orquestra Filharmónica de Praga. Ademais, é o director da Wiener Musikakademie e do Concursos Internacional de Música, que recruta aos mellores artistas novos de todo o mundo en Viena, Nova York e Seúl. Tamén produce vídeos de música clásica no Berlin Konzerthaus, no Rudolfinum de Praga e na Opera Royal de Oman, en Dubai.
Pola súa banda, Roberto Morales González é un instrumentista (viola) de Avilès que conta con experiencia como solista, no ámbito da música de cámara, da música sinfónica, e en proxectos teatrais e operísticos. Así mesmo, tocou con artistas de talla internacional como Ainoa Arteta ou Ara Malikian, entre outros.