Solapas principales

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle unha exposición sobre a diabetes da man de ANEDIA

Martes, 19 de noviembre de 2024

A pasada semana inaugurouse na Casa da Cultura de Bertamiráns a exposición “A Orixe: diabetes, un camiño de vida”, unha mostra fotográfica sobre os distintos aspectos da vida con diabetes impulsada pola asociación ANEDIA, que chega ao concello de Ames da man da Concellaría de Promoción da Saúde. Está composta por unha escolma de 24 láminas nas que se recolle o percorrido despois de recibir o diagnóstico, empregando como fío condutor as distintas etapas do Camiño de Santiago dende O Barbanza. A mostra estará na Casa da Cultura de Bertamiráns ata o vindeiro 29 de novembro.

O momento no que chega o diagnóstico de diabetes marca un punto de inflexión na vida de moitas familias, pois comeza un novo camiño con moitas etapas diferentes no que atoparán a moita xente na mesma situación. Desta idea nace o proxecto “camiño A Orixe”, o punto de partida desta exposición fotográfica na que se amosa cal é o percorrido despois dun diagnóstico, empregando como fío condutor as distintas etapas que integran o Camiño de Santiago desde O Barbanza.

A mostra está composta por 24 imaxes acompañadas de textos, que buscan dar voz ás persoas que viven e conviven coa diabetes. As diversas fotografías foron tomadas por Víctor Manuel Martínez, PICHERO, un fotógrafo noiés de recoñecido prestixio con máis de dúas décadas de traxectoria profesional.

Este proxecto conta coa colaboración da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago A Orixe, e está financiado pola área de Cultura da Deputación da Coruña.

Asociación ANEDIA
Trátase dunha asociación sen fins de lucro que nace co obxectivo de brindar atención e apoio as persoas con diabetes tipo 1 e as súas familias.

Para iso, promoven a colaboración entre as persoas con DT1 e o apoio en rede para unha atención integral, continuada e de calidade. Así mesmo, buscan mellorar a calidade de vida dos pacientes con diabetes tipo 1 brindando apoio e información ás familias, e realizando campañas de sensibilización.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle unha exposición sobre a diabetes da man de ANEDIA

Multimedia

  • A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle unha exposición sobre a diabetes da man de ANEDIA