Solapas principales

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá unha exposición da artista Carla Lojo ata finais de outubro

Martes, 22 de octubre de 2024

O vestíbulo de exposicións da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá ata o 31 de outubro, unha selección de cadros baixo o título “Horizontes de cor”. Trátase dunha exposición da artista Carla Lojo, composta por 23 pezas que reflicten diversas emocións e estados de ánimo a través do expresionismo abstracto.

Carla Lojo é unha pintora santiaguesa que o pasado mércores, 16 de outubro, inaugurou en Bertamiráns a súa última exposición “Horizontes de cor”, integrada por diversas pezas nas que reflicte distintos estados de ánimo e emocións. Durante a inauguración estivo acompañada polo alcalde e concelleiros/as do goberno municipal e grupos políticos municipais con representación na Corporación municipal.

A artista realizou a súa primeira exposición en 2012, despois de gañar o segundo premio no concurso “REPSOL a través da arte”. Ao ano seguinte expuxo, xunto con outro compañeiro, a súa obra na Galería Sargadelos e, a partir de 2014 realizou varias exposicións no Liceo de Noia. Así mesmo, leva anos vencellada ao taller pintura dirixido polo recoñecido pintor Xurxo Martiño.

A mostra “Horizontes de cor” está formada por un total de 23 cadros enmarcados no expresionismo abstracto nos que a artista empregou diversas técnicas, como o collage ou a pintura acrílica, para xogar con diferentes texturas e amosar diversos estados de ánimo e emocións. A mostra será de acceso libre e permanecerá no vestíbulo da Casa da Cultura de Bertamiráns ata o 31 de outubro.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá unha exposición da artista Carla Lojo ata finais de outubro

Multimedia

  • A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá unha exposición da artista Carla Lojo ata finais de outubro