Solapas principales

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá unha exposición de acuarelas do 15 ao 22 de marzo

Jueves, 14 de marzo de 2024

O vestíbulo de exposicións da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a partir de mañá, 15 de marzo, unha selección de acuarelas baixo o título “Do Ameneiral ao Rego dos Pasos”. Trátase da primeira exposición da docente e pintora Eva Garea, composta por diversas acuarelas que recollen diversos enclaves de Bertamiráns, o núcleo urbano no que reside.

Despois de xubilarse tras unha vida adicada á docencia, Eva Garea, adica gran parte do seu tempo á pintura no estudo que ten na rúa Agrelo, en Bertamiráns. No traxecto diario que a leva ata este recuncho artístico, Eva Garea percorre enclaves do concello que lle serven como inspiración á hora de traballar nas súa pinturas e que a levan a crear fermosas pezas de arte.

Algúns destes lugares son os que se recollen nas acuarelas que conforman a exposición “Do Ameneiral ao Rego dos Pasos”, que se inaugura este venres 15 de marzo, ás 19:30 horas.

A mostra está formada por 15 acuarelas e varias pezas de técnica mixta con collage, realizados a partir de acuarelas descartadas pola artista. Para esta exposición, que será a primeira, Eva Garea escolleu Bertamiráns por ser a súa vila, unha vila que ten “moitos recunchos fermosos para os amantes da pintura”. A mostra será de acceso libre e permanecerá no vestíbulo da Casa da Cultura de Bertamiráns do 15 ao 22 de marzo.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá unha exposición de acuarelas do 15 ao 22 de marzo

Multimedia

  • A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá unha exposición de acuarelas do 15 ao 22 de marzo