Solapas principales

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu o acto de entrega de premios do XXI Certame Literario Concello de Ames

Sábado, 08 de junio de 2024

Hoxe sábado, 8 de xuño, celebrouse no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro a gala de entrega de premios do XXI Certame Literario Concello de Ames, un acto literario-musical no que participaron 17 dos 18 gañadores nas modalidades de poesía e de narrativa. O evento estivo presentado pola xornalista e escritora, Nazaret López. Da parte musical encargouse o alumnado da Escola Municipal de Música de Ames. Participaron os/as alumnos/as de iniciación da agrupación de violín, do grupo de combo folk e de música e movemento. Todos os textos premiados publicaranse nun libro colectivo que verá a luz no vindeiro mes de abril.

O Certame Literario Concello de Ames é un concurso xa consolidado no panorama literario galego e referente para os creadores e creadoras en lingua galega. Este ano, o certame alcanzou a súa vixésimo primeira edición. Neste 2024 presentáronse 179 traballos procedentes de toda Galicia e mesmo doutros puntos máis afastados da nosa xeografía. Houbo 12 traballos máis que o ano anterior e 27 máis respecto do 2022.

Nestes vinte e un anos de traxectoria do concurso recibíronse máis de 3.000 obras, e foron premiadas un total de 378. Os/as gañadores/as nas modalidades de narrativa e poesía da vixésimo primeira edición recibiron hoxe sábado os seus galardóns, na Casa da Cultura do Milladoiro.

No evento interviu o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, que felicitou aos autores e autoras premiados/as e agradeceu o traballo dos membros do xurado. “O obxectivo primordial deste certame é difundir a creación literaria, así como a lingua e cultura galega. Este xa é un certame de referencia para os escritores e escritoras galegas. Participan persoas de Ames e do resto de Galicia, pero incluso chegan moitos traballos de fóra. Deste certame están saíndo moitos escritores e escritoras que acadaron o seu primeiro premio aquí e despois acadaron premios a nivel nacional”.

A presentadora do acto, Nazaret López, que tamén formou parte do xurado desta edición do certame, interviu en nome do xurado, para facer unha valoración dos traballos presentados e destacou a alta calidade das obras recibidas.

Deseguido, procedeuse á entrega dos premios do XXI Certame Literario Concello de Ames de narrativa e poesía. Os encargados de facer entrega dos premios foron o alcalde, Blas García, e maila escritora Sica Romero, que xunto a Ismael Ramos e Nazaret López formaron o xurado do certame. Entre a listaxe de obras premiadas atópanse textos procedentes de 11 concellos distintos, espallados por toda a xeografía galega: Ames, Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Cambados, Santa Comba, Brión, Nigrán, A Laracha, Allariz e Lugo. No concello amesán quedan dous galardóns: o terceiro premio da primeira categoría na modalidade de poesía e o primeiro premio da terceira categoría na mesma modalidade de poesía.

Premiados/as no certame
As nove persoas premiadas na modalidade de narrativa foron Mencía Naz Martín, Ana López Canosa e Daniel García Fernández, na primeira categoría; Nuria Lourido Romar, Amalia Blanco Pose e Anxo Pérez Prego, na segunda categoría; e Fernando Redondo Neira, Héctor Cajaraville Araújo e Pedro Naveira Pedreira, na terceira categoría.

Na modalidade de poesía, as persoas galardoadas foron Arwen Fernández García, Marcos Iglesias Lista e Moira Rivero Rodríguez, na primeira categoría; Mariña Souto Pazó, Anxo Pérez Prego e Claudia Caamaño Rama, na segunda categoría; e Mario Sanfrutos Carreras, María Comesaña Besteiros e Alberte Momán Noval, na terceira categoría.

179 traballos presentados
A categoría con maior participación foi a sección para persoas maiores de 18 anos na modalidade de poesía, á que se presentaron 64 traballos. Na mesma franxa de idade na modalidade narrativa recibíronse 57 obras. Nas outras dúas categorías de poesía, dirixidas a persoas de menos de 13 anos e a autores e autoras de entre 14 e 17 anos, recibíronse 21 e 11 textos, respectivamente. Do mesmo xeito, na categoría de narrativa nesas mesmas franxas de idade, presentáronse 11 e 14 traballos, respectivamente. En total, participaron no concurso 96 textos poéticos e 82 textos narrativos.

Dende o Servizo de Normalización Lingüística amosan a súa satisfacción porque o certame se volva a situar, un ano máis, como un concurso de referencia para moitos autores e autoras en lingua galega e porque acade, de novo, altas cifras de participación.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames entrega os premios do seu certame literario aos dezaoito gañadores"

La Voz de Galicia: "La Casa da Cultura do Milladoiro acogió la entrega de premios del XXI Certame Literario Concello de Ames"

A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu o acto de entrega de premios do XXI Certame Literario Concello de Ames

Multimedia

  • A Casa da Cultura do Milladoiro acolleu o acto de entrega de premios do XXI Certame Literario Concello de Ames