- Tematica
O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro foi o escenario do curso de programación audiovisual e iluminación no traballo escénico QLab5, que se desenvolveu os días 7, 8 e 9 de novembro. A actividade estivo organizada pola Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas, Escena Galega, coa colaboración do Concello de Ames, coa meta de especializar aos asistentes no manexo do software de reprodución multimedia QLab para mellorar así o traballo das produtoras escénicas profesionais galegas. Nela participaron 15 profesionais do ámbito audiovisual.
O programa QLab é unha ferramenta creada para a programación audiovisual e para a iluminación no traballo escénico. Co curso, Escena Galega buscaba orientar aos participantes nalgúns aspectos do software, como coñecer a interface de usuario, aprender as rutinas máis importantes para lanzar audio e vídeo, crear pezas dinámicas en sincro ou realizar con cámaras un evento dende o propio QLab.
A actividade englóbase dentro do programa de formación e capacitación da asociación para este ano 2022, e foi impartido por Mariano García, deseñador de son, compositor musical e creador da súa propia academia de dixitalización e software para a realización de eventos. García conta con vinte anos de experiencia na docencia de software audiovisual, e actualmente focaliza toda a súa actividade no desenvolvemento de espectáculos co concepto do son inmersivo.
O curso, organizado en colaboración co Concello de Ames e ca Axencia Galega de Industrias Culturais, completou o seu aforo. A el asistiron quince profesionais con distintos perfís técnicos, pola complexidade e a especificidade das tarefas que se desenvolveron.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Formación para quince profesionais do sector audiovisual no programa QLab5"