Solapas principales

A Casa do Concello recibe a visita de alumnado do CEIP A Maía para aprender como funciona

Miércoles, 21 de febrero de 2024

O salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, recibiu esta semana a visita do alumnado de terceiro e cuarto curso de educación primaria do CEIP A Maía, que se achegou á casa consistorial para coñecer de primeira man como desenvolve as súas funcións. Deste xeito, acompañados de varios membros do Goberno local, arredor de 130 nenos e nenas descubriron que é e como funciona un pleno municipal, cales son as competencias dunha administración local ou cal é a labor dos concelleiros e concelleiras. Ademais, a rapazada puido trasladar aos membros da corporación as súas dúbidas e preguntas.

Esta semana, varios grupos de alumnos e alumnas de do CEIP A Maía visitaron as instalacións do Concello de Ames. Os primeiros en achegarse ata a casa consistorial foron os 62 nenos e nenas de terceiro, o luns 19, mentres que os seus 67 compañeiros de cuarto fixeron esta visita onte, 20 febreiro. O alumnado de ambos curso desprazouse ata a Casa do Concello para coñeceren da man de parte do Goberno local como funciona unha administración municipal.

A rapazada do colexio amesán chegou ás dependencias locais ben preparada, con moitas preguntas e suxestións listas, xa que nas últimas semanas viñan de cursar a administración local nas súas clases, tal e como comentou o profesorado do centro.

Así, o salón de plenos foi o lugar escollido para que o alumnado trasladase as súas dúbidas a parte do Goberno local, co que mantiveron unha xuntanza. Acompañando á rapazada de terceiro de primaria estiveron o alcalde de Ames, Blas García e todos os concelleiros que conforman o goberno municipal. Ademais, estiveron presentes Oliva Agra e Pablo Beiroa, concelleiros do Partido Popular de Ames; e Escarlata Pampín e Rosalía Seijas, do BNG de Ames.

Deste xeito, trataron de resolverse varias dúbidas e inquedanzas que o alumnado traía preparadas, como que se decide nos plenos, se pode asistir público, ou a dificultade que ten o traballo dos concelleiros.

Outra das cuestións de maior interese foi o tema dos tributos e dos orzamentos, que foi explicado a través dos servizos de conciliación municipais, xa coñecidos por unha meirande parte dos nenos e nenas xa coñecen. Aínda así, un dos momentos máis destacados foi cando as visitantes puideron ver e suxeitar o bastón de mando do alcalde.

 A Casa do Concello recibe a visita de alumnado do CEIP A Maía para aprender como funciona

Multimedia

  •  A Casa do Concello recibe a visita de alumnado do CEIP A Maía para aprender como funciona