Solapas principales

Catro empresas de Ames reciben a certificación Sicted de calidade turística

Sábado, 25 de septiembre de 2021

O establecemento de turismo rural “As Bentinas” de Ventín, o Albergue de Peregrinos de Milladoiro, a empresa de turismo de aventuras “Amextreme” e a axencia de viaxes “Alma Gaia”, dedicada ao turismo de sensacións, recibiron este ano o selo do Sistema Integral de Calidad Turística en Destino (Sicted) que outorga a Secretaría de Estado de Turismo co apoio da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP). A distinción recoñece a calidade dos servizos turísticos ofrecidos por estas empresas.

Dezanove empresas e profesionais da bisbarra de Compostela recolleron a semana pasada os diplomas dos programas de formación que se desenvolveron en 2019 e 2020. Ao acto de entrega de acreditacións acudiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o subdirector de Agader, Moisés Blanco, o presidente do Clúster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal e a presidenta do GDR Terras de Compostela, Guarina Rey.

A formación para obter o Sicted está subvencionada polo Xeodestino Terras de Compostela. Cada ano fórmanse 15 empresas para obter o certificado. A formación presencial das empresas da bisbarra realizase en Ames. O distintivo acredita o cumprimento dos requisitos establecidos na metodoloxía e recoñece o esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua, toda vez que distingue o establecemento e os servizos que ofrece fronte á competencia. Ten validez bienal, aínda que está condicionado a unha avaliación anual de seguimento.

Na actualidade estase a ofrecer formación a outra ducia de empresas, entre as que se atopan varios profesionais de Ames.

"Terras de Compostela foi a primeira comarca rural da provincia da Coruña e a segunda de Galicia en apostar pola metodoloxía SICTED, que persegue ofrecer unha atención excelente e homoxénea coa fin de incrementar a satisfacción dos  visitantes e converter á bisbarra nun destino turístico que destaque pola súa calidade.

Para o concelleiro de Turismo, Manuel Lens, este recoñecemento “premia o traballo, o esforzo e a dedicación destas catro empresas. Porén, tamén supón un agasallo para Ames que, deste xeito suma calidade á oferta turística do concello”. O concelleiro, que acudiu á entrega dos distintivos, en Santiago de Compostela, felicitou aos establecementos distinguidos, ao tempo que desexou que en vindeiras edicións máis empresas de Ames poidan acadar o selo Sicted.

O Sicted é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos. Promovido por la Secretaría de Estado de Turismo (SETUR), co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), traballa con servizos turísticos de até 36 ramas diferentes, entre as que destacan os establecementos hostaleiros, as axencias de viaxe e as empresas que ofrecen paquetes turísticos e de aventuras.

O obxectivo é mellorar a calidade dos servizos que se lles ofrecen aos turistas de xeito que ofrezan unha atención excelente e homoxénea, coidando os pequenos detalles e sempre coa mirada no horizonte de converternos en destino turístico de calidade.

Novas relacionadas:

Revista AmesGO: "Ames presume de turismo de calidade"
 

Catro empresas de Ames reciben a certificación Sicted de calidade turística

Multimedia

  • Catro empresas de Ames reciben a certificación Sicted de calidade turística