Solapas principales

Celebrouse con éxito o Día da Seguridade Viaria no Milladoiro

Lunes, 14 de junio de 2021

40 nenos e nenas achegáronse o sábado, 12 de xuño, ao Aparcadoiro da Rúa Palmeiras en Milladoiro ás 17:00 horas. Co motivo da celebración do Día da Seguridade Viaria, o Concello de Ames organizou unha xornada cunha serie de actividades infantís.

“Se nos respectamos, todas e todos gañamos”, este é o lema do xogo da Curuxa Maruxa co que o Concello de Ames quere concienciar á rapazada para que aprenda a respectar dende as idade máis novas a normativa viaria. Trátase dun xogo de mesa con mensaxes sobre seguridade viaria e diferentes sinais de tráfico que farán chegar á meta .

A xornada comezou co “Xogo do carné por...”, un simulacro nun circuíto de exame para conseguir o carné. Unha vez obtido, os rapaces e rapazas demostrarán as súas capacidades para conservar ou perder puntos.

A celebración continuou cunha serie de consellos que deu a Curuxa Maruxa: “Se tranquilo queres viaxar, o autobús podes usar!”, “Se pola beirarrúa vas, camiñar o máis afastada dos coches deberás” ou “Se cun accidente te atopas, axudas debes prestar. Chama ao 112!”.

Os participantes foron agasallados co “Xogo da Curuxa Maruxa” e tamén se lle entregaron fichas para os/as máis pequenos/as “Colorea sinais coa curuxa Maruxa”. Se alguén desexa ter máis material deste tipo poderase pór en contacto coa Concellaría de Mobilidade a través do email mobilidade@concellodeames.gal

Beatriz Martínez, concelleira de Mobilidade, quixo agradecer á Policía Local e a Protección Civil polo seu servizo durante a xornada. Ademais, asegurou  que: “Estamos moi satisfeitos da celebración do Día da Mobilidade e de que as familias, e especialmente os nenos e nenas, participaran nos xogos a pesar da calor. Isto danos ánimos para seguir creando e propoñendo iniciativas deste tipo. Somos moi conscientes de que os nenos e nenas son os mellores axentes e promotores de seguridade viaria”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Múltiples actividades en el día de la seguridad vial celebrado en O Milladoiro"

El Correo Gallego: "Seguridade vial ca Curuxa Maruxa para 40 rapaces"

Día da Seguridade Viaria no Milladoiro

Multimedia

  • Día da Seguridade Viaria no Milladoiro
  • Día da Seguridade Viaria no Milladoiro