Solapas principales

Cheo na Casa da Cultura de Bertamiráns para ver o espectáculo musical e solidario “Puedes llegar” de Ruth Cundíns

Lunes, 28 de marzo de 2022

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este sábado pasado, 26 de marzo, o espectáculo “Puedes llegar”, promovido e interpretado pola artista brionesa Ruth Cundíns, gañadora do concurso Recantos de Ouro, no programa Luar, da Televisión de Galicia. Trátase dun espectáculo musical e solidario que pretende visibilizar desde a música e a arte a enfermidade de Dent, unha doenza minoritaria que afecta gravemente os riles. Nesta iniciativa colaboran Art for Dent (Asociación Galega da enfermidade de Dent) e mailos Concellos de Ames e Brión.

Satisfacción xeral pola boa acollida que tivo o espectáculo “Puedes llegar”, así se pode resumir o sentir da organización deste espectáculo promovido e interpretado pola artista brionesa Ruth Cundíns e por Art for Dent (Asociación Galega da enfermidade de Dent). Nesta iniciativa tamén colaboran os Concellos de Ames e Brión. O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns encheuse para ver o estreo deste espectáculo musical e solidario, que pretende visibilizar desde a música e a arte a enfermidade de Dent, unha doenza minoritaria que afecta gravemente os riles.

Antes do comezo do espectáculo, os alcaldes de Ames, Blas García, e de Brión, Pablo Lago, agradeceron a colaboración da veciñanza por encher o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns “por unha boa causa como é esta”. Xunto aos rexedores municipais estiveron María Castelao e Beatriz Veiga, presidenta e vicepresidenta de Art for Dent, e nais de dous nenos que padecen a enfermidade de Dent. Elas tamén agradeceron a celebración desta iniciativa para darlle visibilidade a esta enfermidade entre a sociedade.

Art for Dent está formada por cinco familias de nenos que padecen a enfermidade de Dent. Catro destas familias son galegas; de Brión, Muros, Lugo e Pontevedra. A quinta familia que forma parte de dita asociación reside en Oviedo. Ao espectáculo deste pasado sábado asistiron as familias de Brión, Lugo e Pontevedra. Tamén asistiu o equipo e mailo xefe do Nefrochus, Miguel Ángel García, (laboratorio de xenética das enfermidades renais), situado en Santiago de Compostela, que pertence ao IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria).

“Puedes llegar” dálle visibilidade á enfermidade de Dent
“Puedes llegar” é un espectáculo musical e solidario que pretende visibilizar desde a música e a arte a enfermidade de Dent, unha doenza minoritaria que afecta gravemente os riles. Esta iniciativa musical axudará na investigación desta enfermidade que se leva a cabo no Nefrochus (laboratorio de xenética das enfermidades renais), en Santiago de Compostela, que pertence ao IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria).

É un espectáculo con fins solidarios, que parte do tema de Gloria Estefan realizado para os Xogos Olímpicos de Atlanta de 1996. Unha das pezas máis recordadas e recoñecidas na historia dos Xogos Olímpicos cunha clara mensaxe de superación. Deste xeito, “Puedes llegar” é unha viaxe por diferentes estilos musicais, onde mediante proxeccións visuais, a artista Ruth Cundíns relaciona a música con diferentes temas sociais que xiran en torno o amor e a arte.

Ruth Cundíns e Art for Dent levan preparando este espectáculo dende hai meses, recibindo a axuda e colaboración solidaria do Concello de Ames para a súa posta a punto. Trala estrea preténdese que este espectáculo solidario percorra moitas máis localidades e cidades galegas e incluso de fóra de Galicia. Coa representación deste espectáculo recadaranse fondos para esta causa. Parte do que se recade en cada unha das representación será doado por Ruth Cundíns a Art for Dent. Deste xeito, está previsto que “Puedes llegar” volva a Ames o 23 de xullo dentro da programación do Ameson.

Iniciativas postas en marcha por Art for Dent
A Asociación Galega da enfermidade de Dent ten en marcha varias iniciativas para recadar fondos para seguir investigando a enfermidade de Dent. Na páxina web de Art for Dent pódese atopar información detallada sobre as diferentes vías de colaboración que existen: facerte socio/a; facer unha doazón económica, mercar produtos solidarios e propoñer ideas solidarias.

Na web de Rei Zentolo e no estanco O Tremo pódense mercar camisetas solidarias de Art for Dent. O 100% do beneficio doase para a investigación. Deste xeito, Rei Zentolo doou xa 16.000 euros para a investigación no Nefrochus. Para as doazóns económicas existe un código Bizum e un número de conta de ABANCA.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Cheo total na gala da recanteira Ruth Cundíns en apoio á enfermidade de Dent"

Imaxe posterior ao espectáculo musical e solidario “Puedes llegar” de Ruth Cundíns

Multimedia

  • Imaxe previa ao inicio do espectáculo musical e solidario “Puedes llegar” de Ruth Cundíns
  • Imaxe previa ao inicio do espectáculo musical e solidario “Puedes llegar” de Ruth Cundíns
  • Imaxe previa ao inicio do espectáculo musical e solidario “Puedes llegar” de Ruth Cundíns
  • Imaxe do espectáculo musical e solidario “Puedes llegar” de Ruth Cundíns
  • Imaxe do espectáculo musical e solidario “Puedes llegar” de Ruth Cundíns
  • Imaxe do espectáculo musical e solidario “Puedes llegar” de Ruth Cundíns
  • Imaxe do espectáculo musical e solidario “Puedes llegar” de Ruth Cundíns