Solapas principales

Cinema Miúdo pecha a súa edición máis multitudinaria con máis de 1.300 participantes

Lunes, 28 de noviembre de 2022

O Concello de Ames acolleu esta fin de semana a quinta edición do Festival Cinema Miúdo, unha cita audiovisual do público infantil co sétimo arte. Durante catro días proxectáronse máis de cincuenta curtametraxes, celebouse un obradoiro de xoguetes ópticos,  e desfrutouse coas actuacións de Globotolo e Peter Punk. Máis de 1.300 persoas acudiron ás Casas da Cultura de Ames para desfrutar do festival internacional de curtametraxes infantís, récord de asistencia para o festival creado en 2017.As curtas francesas Lucía e o penedo, Migrantes, e Caiac e a alemá Non teño medo recibiron os premios do xurado e o público. Preme nesta ligazón para ver a galería de imaxes de Cinema Miúdo.

En total, entre o 24 e o 27 de novembro, Cinema Miúdo contou con 1.331 asistentes, dos que 550 corresponden a saídas escolares. Ademais, as dúas sesións do obradoiro escotaron as súas prazas. Estas cifras supoñen o récord de asistencia desde que naceu o certame no 2017 e tanto Abella Producións como a Área de Cultura do Concello de Ames esperan superalas nas vindeiras edicións. O alcalde, Blas García, expresou durante a gala de clausura que “é unha cita importante para a cultura, que axuda a espertar nos pequenos o gusto polo cinema, mais tamén a curiosidade por descubrir o mundo no que vivimos”.

A concelleira de Cultura, Natividade González, mostrouse moi satisfeita pola gran acollida que tivo esta quinta edición do festival. “Máis de 1.000 persoas pasaron esta fin de semana polos auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro co que temos que estar moi satisfeitos pola gran expectación que espertou este ano o festival de cine infantil entre a poboación de Ames e da comarca. Seguiremos traballando para seguir organizando e mellorando este festival que cremos que xa está consolidado entre a veciñanza de Ames”.

Premios do público e dous do xurado
Os 37 filmes que formaron a sección oficial da quinta edición do certame optaron a dous premios do público e dous do xurado. O xurado estivo formado por Miguel Anxo Alfonso Diz, escritor e contacontos de literatura infantil; Paulo Mosca, ilustrador, animador e director de curtametraxes de animación, actualmente é o axudante de dirección da serie Pocoyó e Isabel Rey, productora en Artefacto Producións, con filmes ás costas como O Apóstolo. O premio do público outorgouse mediante aplusómetro,un sistema de votación polo cal as curtas máis aplaudidas e vitoreadas foron as que recibiron os premios.

O xurado resolveu entregar o Premio Axóuxeres á curtametraxe belga e francesa  Luce and the rock (Lucía e o penedo), un traballo dirixido por Britt Raes que xa colleitou premios en festivais de Alemaña, Bélxica e Potugal. O Premio Buxainas do xurado recibiuno Migrants (Migrantes), de Hugo Caby, Aubin Kubiak, Lucas Lermytte e Zoé Devise. Esta curtametraxes francesa, dirixida a nenos e nena a partir de sete anos, relata a travesía de dous osos polares forzados a migrar debido ao quecemento global. O xurado tamén resolveu outorgar unha Mención Especial a The Soloists (As solistas).

O Premio do Público Axóuxerés, á mellor curtametraxe para nenos e nenas de 2 a 7 anos, foi para o divertido filme de animación francés Kayak (Caiac). Dirixido por Solène Bosseouf, Flore Derchorgnat, Tiphain Klein, Auguste Lefort e Antoine Rossi, conta a disparatada excursión polo río vivida por un pai e o seu fillo.  Na categoría Buxainas,de curtas dirixidas a maiores de 7 anos, o público aplaudiu fervorosamente Ich Habe Keine Angst! (Non teño medo), filme alemán, dirixido por Marita Mayer e seleccionado en festivais de toda Europa que fala aos pequenos do normal que é sentir medo e enfrontarnos a el.

O festival ten xa posta a ollada na vindeira edición, na que procurará igualar e superar o éxito de asistencia e a calidade das películas acadada este 2022.

Cinema Miúdo
Cinema Miúdo é un festival de cine infantil, que nace da Concellaría de Cultura do Concello de Ames en 2017. O festival quere proporcionar ao público miúdo galego a oportunidade de desfrutar de filmes inéditos, orixinais, sorprendentes e de descubrir olladas doutras partes do mundo, ao proxectar curtametraxes dos cinco continentes. Deste xeito propíciase que a rapazada descubra o gusto polo cinema e fórmase un público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual. Algo de especial relevancia para o Concello de Ames, que ten a maior ratio de nenos e nenas de toda Galicia.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Éxito de Cinema Miúdo al superar las 1.300 personas"

El Correo Gallego: "Cortos alemanes y galos fueron los triunfadores de Cinema Miúdo"

Cinema Miúdo pecha a súa edición máis multitudinaria con máis de 1.300 participantes

Multimedia

  • Cinema Miúdo pecha a súa edición máis multitudinaria con máis de 1.300 participantes
  • Cinema Miúdo pecha a súa edición máis multitudinaria con máis de 1.300 participantes
  • Cinema Miúdo pecha a súa edición máis multitudinaria con máis de 1.300 participantes
  • Cinema Miúdo pecha a súa edición máis multitudinaria con máis de 1.300 participantes
  • Cinema Miúdo pecha a súa edición máis multitudinaria con máis de 1.300 participantes
  • Cinema Miúdo pecha a súa edición máis multitudinaria con máis de 1.300 participantes
  • Cinema Miúdo pecha a súa edición máis multitudinaria con máis de 1.300 participantes
  • Cinema Miúdo pecha a súa edición máis multitudinaria con máis de 1.300 participantes
  • Cinema Miúdo pecha a súa edición máis multitudinaria con máis de 1.300 participantes
  • Cinema Miúdo pecha a súa edición máis multitudinaria con máis de 1.300 participantes
  • Embedded thumbnail for