Solapas principales

Colabora nos 500 quilómetros solidarios, que organiza o club ciclista Os Esfola Arrós, achegando alimentos non perecedoiros

Jueves, 08 de junio de 2017

[08-06-2017] O club ciclista Os Esfola Arrós, xunto co Prólo-Go project e o Concello de Ames, organizaron para este sábado, 10 de xuño, unha iniciativa solidaria denominado “Reto prólogo-OEA 2017”, a través do cal se pretende axudar aos que máis o necesitan. Santiago Soleto e Óscar Freire unirán toda Galicia, nun só día e en bicicleta, para dar visibilidade a unha necesidade social. A través desta iniciativa preténdese recadar alimentos non perecedoiros para o banco de alimentos municipal, dando así apoio ás persoas da nosa contorna que máis o necesitan. O percorrido que farán sairá dende a praza do Obradoiro e pasará pola Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra e Bertamiráns para rematar de novo na praza do Obradoiro.

Baixo o lema Unindo Galicia en bicicleta para recadar comida o club ciclista Os Esfola Arrós, xunto co Prólo-Go project e o Concello de Ames, organizaron para este sábado, 10 de xuño, unha iniciativa solidaria denominado “Reto prólogo-OEA 2017”. A través desta iniciativa preténdese recadar alimentos non perecedoiros para o banco de alimentos municipal, dando así apoio ás persoas da nosa contorna que máis o necesitan. Deste xeito, garantirán que toda e cada unha das achegas de cada unha das persoas que se queiran implicar no proxecto achegando alimentos, chegue de maneira íntegra ás persoas e familias máis necesitadas.

Santiago Soleto e Óscar Freire unirán toda Galicia, nun só día e en bicicleta, para dar visibilidade a unha necesidade social. Recadarán alimentos non perecedoiros para o banco de alimentos municipal dando así apoio ás persoas da nosa contorna que máis o necesitan. Tomando como inicio a praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, partirán cara á Coruña, pasando posteriormente por Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo, Pontevedra, e de volta pasarán por Bertamiráns antes de volver a Santiago de Compostela. Trátase dunha macro ruta que implicará pedalear ao redor de 500 quilómetros, en calidade de autosuficiencia (sen coche de apoio nin axudas externas).

En 2016, xa se marcaron o obxectivo de facer 400 quilómetros, e tras superar o reto, cos máis de 2.000 euros recadados no marco da Asociación Cinde puideron axudar a moitas familias do Salvador. Agora, a xesta terá como beneficiarios veciños/as da comarca co que esperan que a veciñanza amesá e da contorna colabore e acheguen o que humildemente poidan. As persoas interesadas poden deixar os seus alimentos na Casa da Cultura de Bertamiráns ao longo de toda esta semana, en horario de 9:00 a 14:00 horas.