Solapas principales

Comeza o curso básico de lingua de signos organizado polo departamento de Xuventude

Viernes, 06 de octubre de 2023

A Concellaría de Xuventude organizou un novo curso de lingua de signos (LSE) para a poboación moza. A formación comezou este xoves, 5 de outubro, e impartirase durante os meses de outubro, novembro e decembro na Casa da Cultura do Milladoiro. Participan 20 mozos e mozas de 16 a 35 anos. A través da formación, a mocidade poderá adquirir as ferramentas necesarias para o desenvolvemento das principais destrezas comunicativas das linguas viso-xestuais.

Dentro do programa formativo Lidera2, da Concellaría de Xuventude de Ames, convocouse un novo curso destinado á poboación moza do concello interesada en formarse en lingua de signos. A concelleira de Mocidade, Carmen Porto, e maila técnica municipal do departamento de Xuventude, Pili Villaverde, asistiron este xoves 5 de outubro pola tarde, á primeira das xornadas de formación do curso de lingua de signos. Participan 20 mozos e mozas de 16 a 35 anos.

A concelleira de Mocidade, Carmen Porto, destaca que “se trata dun programa formativo moi importante porque lle permite aos mozos e mozas participantes ampliar o seu currículo e obter o nivel de competencia A1.1”. Tamén engadiu que “o curso tivo moi boa acollida entre a mocidade amesá xa que houbo persoas que quedaron en lista de agarda, polo que trataremos da darlle continuidade a este curso e volver a organizalo para que as persoas que agora non puideron acceder poidan participar no futuro”. Por último, agradeceu a implicación da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.

A través da formación, a mocidade poderá adquirir as ferramentas necesarias para o desenvolvemento das principais destrezas comunicativas das linguas viso-xestuais: a expresión e a interacción signada e a comprensión. Con esta iniciativa, os participantes poderán coñecer na súa fase inicial unha linguaxe coa que romper as barreiras coas persoas xordas, mellorando a interacción comunicativa cos oíntes.

O curso impártese os días 5, 19 e 26 de outubro; 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro; e 12, 14, 19 e 21 de decembro. A formación impártese na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 16:30 a 19:00 horas. Consta de 30 horas lectivas, que seguirán a organización curricular e pedagóxica establecida polo Marco Común Europeo de Referencia para as linguas (MCER), correspondente ao nivel de competencia A1.1.

Comeza o curso básico de lingua de signos organizado polo departamento de Xuventude

Multimedia

  • Comeza o curso básico de lingua de signos organizado polo departamento de Xuventude
  • Comeza o curso básico de lingua de signos organizado polo departamento de Xuventude
  • Comeza o curso básico de lingua de signos organizado polo departamento de Xuventude