- Tematica
O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá este vindeiro venres 17 de xaneiro, ás 20.30 horas, a peza teatral “O dragón de ouro”, de Sarabela Teatro. Nesta obra trátanse temas de forte carga social como a trata de persoas ou a inmigración, dun xeito no que o elenco actoral interpela e interactúa co público, apelándonos directamente á reflexión respecto a estes asuntos. As entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica. Deste xeito, o Concello de Ames inicia a súa programación de artes escénicas para a primeira metade do ano, composta por 13 obras dirixidas tanto a público adulto como infantil. Esta programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.
Este vindeiro venres 17 de xaneiro, o Concello de Ames inicia a súa programación de artes escénicas para o primeiro semestre do ano coa representación da peza teatral “O dragón de ouro”, de Sarabela Teatro. Será a primeira das 13 representacións previstas para este inicio de ano, na que o público poderá gozar de representacións de teatro, danza e circo con compañías da primeira liña das artes escénicas en Galicia. Esta representación tamén forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.
“O dragón de ouro”, tradución por Catuxa López, é unha peza de teatro contemporáneo dirixida a público adulto, na que os actores interpelan e interactúan directamente cos espectadores e narra temas de forte carga social como a trata de persoas ou a inmigración. O autor orixinal da peza, Schimmelpfenning, plasma dunha maneira única a idea de necesidade, de límite e de desexo de mudar as condicións de vida para ofrecernos unha obra única con múltiples perspectivas.
As persoas interesadas en asistir a esta representación teatral xa poden adquirir na Billeteira electrónica do Concello de Ames os seus convites. Do mesmo xeito, tamén están dispoñibles os billetes para o resto de espectáculos previstos dentro do Ames Cultural 2025.
Unha peza con forte temática social
A peza está ambientada nunha noite nun edicio de varios pisos, nalgún lugar de Europa onde un mozo chinés sofre unha forte dor de moa na cociña do restaurante de comida rápida Tailandés Chinés-Vietnamita, O Dragón de ouro. O rapaz non ten permiso de residencia, nin cartos e non pode ir ao dentista. O mozo tampouco atopa á súa irmá desaparecida e no seu edificio viven moitos veciños. Un dos veciños do Dragón de Ouro, un ancián que quere retroceder no tempo mentres a súa neta, grávida, está diante das ruínas da súa relación. No piso de abaixo, un home, a quen deixou a súa muller, visita o seu amigo, un tendeiro enigmático que obriga a unha moza chinesa á prostitución.
Dúas azafatas comen no restaurante. Unha delas atopa e garda unha moa que caeu na súa sopa tailandesa. Intercalada entre as escenas, está inserida a Fábula da Cigarra que lle pide á Formiga que lle dea de comer durante o inverno. O conito central está no mundo mergullado de traballadores sen papeis.
Sobre Sarabela Teatro
Sarabela Teatro é unha compañía creada no 1980 por Ánxeles Cuña, sendo un dos grupos teatrais máis consolidados de Galicia. Con varios recoñecementos ás súas costas, como o Premio da Cultura Galega das Artes Escénicas no 2016, caracterízanse por realizar un teatro de calidade e cunha mensaxe detrás de cada actuación.